Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios
Suscríbase as novidades da nosa Páxina web Suscribirse a las novedades por correo electrónico

DEC27

Frondosas

DEC21

Froiteiras de pebida e de óso e Viña, Cítricos, Camelia, Palmeiras, Piñeiro, Vivendas e outras construccións

DEC11

Danos por vento e choivas fortes

DEC07

Piñeiro

SET11

Viña, Maceira e Pereira, Buxo

AGO29

Buxo

AGO25

Viña

AGO11

Viña, Diversos frutais, Pataca

AGO04

Viña, Cítricos, Nogueira

XUL28

Viña, Cítricos, Buxo

XUL21

Viña, Maceira, Marmeleiro, Plátano de sombra, Hortícolas en recolección

XUL14

Viña, Hortícolas en recolección, Buxo, Camelia

XUL07

Viña, Buxo, Camelia

XUÑ30

Viña, Maceira, Buxo, Piñeiro

XUÑ23

Viña, Pataca, Buxo, Plátano de sombra

XUÑ16

Viña, Pataca, Buxo

XUÑ09

Viña, Maceira, Pataca, Buxo

XUÑ02

Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Buxo

MAI26

Viña, Maceira, Marmeleiro, Pataca, Buxo, Ameneiros e Salgueiros

MAI19

Viña, Maceira, Pataca, Buxo

MAI12

Viña, Maceira, Kiwi, Pataca, Buxo, Diversas Plantas

MAI05

Viña, Maceira, Pataca e outras plantas de horta, Evónimo e Roseiras, Diversas Ornamentais

ABR28

Viña, Maceira, Cerdeira, Kiwi, Cítricos, Castiñeiro, Piñeiro

ABR21

Viña, Maceira, Cerdeira, Cítricos

ABR12

Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Carballo

ABR11

Viña

ABR07

Viña, Maceira, Pereira, Melocotoeiro, Cítricos, Buxo

MAR27

Viña

MAR17

Viña

MAR09

Froiteiras de óso, Kiwi, Cítricos, Buxo, Revisión da maquinaria de tratamentos fitosanitarios

FEB08

Varias árbores, Cítricos, Froiteiras en xeral, Buxo, Pataca

ENE05

Piñeiro, Frondosas


AVISO FITOSANITARIO
11/09/2017


VIÑA
Cicadélido vector da flavescencia dourada

A semana pasada recollemos os primeiros individuos deste vector (Scaphoideus titanus) nas trampas que temos instaladas na provincia de Pontevedra. Curiosamente, os adultos foron capturados nunha trampa dunha finca de O Rosal, comarca onde unicamente recolleramos esta especie no ano 2009. Pola súa banda, non tivemos captura algunha na zona de O Condado, que é onde soemos ter o cicadélido os anos que hai capturas, e sí temos constancia de máis exemplares recollidos na provincia de Ourense.

Canto ás análises dos insectos para a detección da flavescencia dourada, todos eles deron resultado negativo, é dicir, ausencia do patóxeno.


Scaphoideus titanus capturado en trampa cromática Primeros dos Scaphoideus capturados_Campaña 2016

Alteracións de madeira

Unha vez máis recordamos que é moi conveniente marcar as plantas que mostran síntomas de alteracións de madeira para podalas de xeito separado. Sabemos que esta recomendación non implica que non se estendan estas enfermidades polas viñas, pero si pode axudar a que a dispersión sexa menor.

Planta con síntomas da enfermidade da madeira Non esquezan marcar as plantas con enfermidades da madeira Planta con síntomas de patologías de madera marcada para su tratamiento diferenciado en la poda
MACEIRA, PEREIRA
Froita con podremias

Nestas especies, como tamén noutras como os cítricos que teñen os froitos en fase de maduración, lémbrase que se debe retirar a froita con podremias e a que puido caer ao chan estes días, pois coa humidade xerada polas escasas choivas que se rexistraron desde venres ou sábado segundo a zona pódese instalar con facilidade Monilia ou outros fungos oportunistas que fagan podrecer os froitos que quedan nas árbores ademais de incrementar o risco de ataque destes patóxenos para a próxima campaña.

Os froitos con Monilia deben retirarse Diferentes niveis de dano de Phytophthora hibernalis en limóns Mazás arredor dunha maceira en fase de podremia
BUXO
Cydalima perspectalis

É conveniente revisar as plantas e sebes de buxo porque aínda se observan moitas delas nas que continúa avanzando a praga a pesar de ter tratado, e as condicións climáticas aínda son favorables ao seu desenvolvemento. Para o seu control, e como dixemos no aviso do día 29 de agosto, os produtos autorizados son os piretroides, o aceite de parafina e o azadiractin.

Oruga de Cydalimna perspectalis y signos de alimentacion Oruga desarrollada de Cydalima perspectalis Detalle de excrementos e signos alimentacion