Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios
Suscríbase as novidades da nosa Páxina web Suscribirse a las novedades por correo electrónico

DEC27

Frondosas

DEC21

Froiteiras de pebida e de óso e Viña, Cítricos, Camelia, Palmeiras, Piñeiro, Vivendas e outras construccións

DEC11

Danos por vento e choivas fortes

DEC07

Piñeiro

SET11

Viña, Maceira e Pereira, Buxo

AGO29

Buxo

AGO25

Viña

AGO11

Viña, Diversos frutais, Pataca

AGO04

Viña, Cítricos, Nogueira

XUL28

Viña, Cítricos, Buxo

XUL21

Viña, Maceira, Marmeleiro, Plátano de sombra, Hortícolas en recolección

XUL14

Viña, Hortícolas en recolección, Buxo, Camelia

XUL07

Viña, Buxo, Camelia

XUÑ30

Viña, Maceira, Buxo, Piñeiro

XUÑ23

Viña, Pataca, Buxo, Plátano de sombra

XUÑ16

Viña, Pataca, Buxo

XUÑ09

Viña, Maceira, Pataca, Buxo

XUÑ02

Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Buxo

MAI26

Viña, Maceira, Marmeleiro, Pataca, Buxo, Ameneiros e Salgueiros

MAI19

Viña, Maceira, Pataca, Buxo

MAI12

Viña, Maceira, Kiwi, Pataca, Buxo, Diversas Plantas

MAI05

Viña, Maceira, Pataca e outras plantas de horta, Evónimo e Roseiras, Diversas Ornamentais

ABR28

Viña, Maceira, Cerdeira, Kiwi, Cítricos, Castiñeiro, Piñeiro

ABR21

Viña, Maceira, Cerdeira, Cítricos

ABR12

Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Carballo

ABR11

Viña

ABR07

Viña, Maceira, Pereira, Melocotoeiro, Cítricos, Buxo

MAR27

Viña

MAR17

Viña

MAR09

Froiteiras de óso, Kiwi, Cítricos, Buxo, Revisión da maquinaria de tratamentos fitosanitarios

FEB08

Varias árbores, Cítricos, Froiteiras en xeral, Buxo, Pataca

ENE05

Piñeiro, Frondosas


AVISO FITOSANITARIO
07/12/2017


PIÑEIRO
Procesionaria

Como sabemos, este ano tivo unhas especiais condicións climáticas de seca (choivas acumuladas no ano no entorno dos 800 l/m2 como valor máis habitual, o que representa case a metade do máis normal na nosa zona) e temperaturas anormalmente elevadas (coa excepción dos días pasados). Isto favoreceu o adianto nos ciclos dalgunhas pragas, como é o caso da procesionaria do piñeiro (Thaumetopoea pityocampa). Así, se na campaña pasada xa informabamos da detección das procesións de enterramento a primeiros de xaneiro, este ano o adianto aínda é maior, pois xa se están a producir nalgunhas zonas.

Lembren que as eirugas desta especie posúen pelos urticantes que liberan cando se senten ameazadas, e que poden producir reaccións alérxicas e inflamatorias: urticarias e dermatites, conxuntivites, diversos síntomas respiratorios e, no caso de persoas moi sensibles, mesmo reaccións anafilácticas. Algúns destes síntomas aparecen de xeito inmediato, e outros adoitan aparecer horas despois pero persisten varios días. Tamén os cans pódense ver afectados debido á súa natureza curiosa, e poden presentar lesións e inflamación, nalgúns casos graves, nos tecidos da lingua e da boca, e incluso necrose na primeira.

Debido a que non é imprescindible o contacto directo coas eirugas para que poidan producir estes efectos, débese ter coidado ao pasear por parques ou xardíns con presenza de árbores con bolsóns e baixo ningún concepto se deben tocar as eirugas. Ademais, nos ambientes máis sensibles como os parques urbanos públicos ou privados e as escolas, é conveniente eliminar canto antes e destruír os bolsóns (sempre utilizando as proteccións necesarias para evitar o contacto cos pelos) e promover, mediante a instalación de aniñadoiros, a presenza de aves insectívoras. Se aínda non se empezaron a observar as procesións, pódense colocar barreiras cónicas nos troncos para evitar que as eirugas cheguen ao chan ou, se xa se miran no terreo, aplicar un insecticida piretroide para impedir que se enterren. En ambos casos non esquezan poñer equipos de protección persoal para previr problemas.

Eirugas de procesionaria baixando polo tronco Thaumetopoea pityocampa (Procesionaria) - Eirugas de Thaumetopoea pityocampa en procesión Procesion polo tronco e eirugas capturadas nunha barreira conica caseira