Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios
Suscríbase as novidades da nosa Páxina web Suscribirse a las novedades por correo electrónico

DEC27

Frondosas

DEC21

Froiteiras de pebida e de óso e Viña, Cítricos, Camelia, Palmeiras, Piñeiro, Vivendas e outras construccións

DEC11

Danos por vento e choivas fortes

DEC07

Piñeiro

SET11

Viña, Maceira e Pereira, Buxo

AGO29

Buxo

AGO25

Viña

AGO11

Viña, Diversos frutais, Pataca

AGO04

Viña, Cítricos, Nogueira

XUL28

Viña, Cítricos, Buxo

XUL21

Viña, Maceira, Marmeleiro, Plátano de sombra, Hortícolas en recolección

XUL14

Viña, Hortícolas en recolección, Buxo, Camelia

XUL07

Viña, Buxo, Camelia

XUÑ30

Viña, Maceira, Buxo, Piñeiro

XUÑ23

Viña, Pataca, Buxo, Plátano de sombra

XUÑ16

Viña, Pataca, Buxo

XUÑ09

Viña, Maceira, Pataca, Buxo

XUÑ02

Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Buxo

MAI26

Viña, Maceira, Marmeleiro, Pataca, Buxo, Ameneiros e Salgueiros

MAI19

Viña, Maceira, Pataca, Buxo

MAI12

Viña, Maceira, Kiwi, Pataca, Buxo, Diversas Plantas

MAI05

Viña, Maceira, Pataca e outras plantas de horta, Evónimo e Roseiras, Diversas Ornamentais

ABR28

Viña, Maceira, Cerdeira, Kiwi, Cítricos, Castiñeiro, Piñeiro

ABR21

Viña, Maceira, Cerdeira, Cítricos

ABR12

Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Carballo

ABR11

Viña

ABR07

Viña, Maceira, Pereira, Melocotoeiro, Cítricos, Buxo

MAR27

Viña

MAR17

Viña

MAR09

Froiteiras de óso, Kiwi, Cítricos, Buxo, Revisión da maquinaria de tratamentos fitosanitarios

FEB08

Varias árbores, Cítricos, Froiteiras en xeral, Buxo, Pataca

ENE05

Piñeiro, Frondosas


AVISO FITOSANITARIO
11/12/2017


DANOS POR VENTO E CHOIVAS FORTES

Os ventos e as precipitacións asociados á cicloxénese de onte, con rachas de ata 130-150 Km/h nalgunhas zonas da provincia de Pontevedra e choivas que acadaron os 160-177 l/m2 noutras, provocaron diferentes incidencias nas árbores. Algunhas foron arrincadas de raíz pero outras sufriron rotura de ramas e rachos de diferente importancia segundo a zona afectada. As roturas e os rachos deixan exposta unha superficie de madeira irregular e/ou tocos que poden favorecer a entrada de fungos patóxenos que comprometan a vitalidade da árbore. Por este motivo será necesario actuar sobre as superficies rachadas, limpando os rachos, eliminando os tocos e protexendo a madeira con mástic cicatrizantes con funxicidas ou ben aplicando funxicidas de tipo folpet ou captan.

Os ventos mesmo arrincaron algunhas árbores Os ventos causaron tamen a rotura de ramas de diferente entidade Algunhas das ramas que racharon presentaban zonas con podremia
Tamén hai que actuar sobre as palmeiras moi afectadas polo picudo Rhynchophorus ferrugineus, pois a carga que supuxo a elevada cantidade de auga que caeu e a acción do vento farán que as palmas se desprendan con máis facilidade. Para evitar riscos persoais ou materiais é imprescindible eliminar a totalidade da coroa de palmas (medida por outra banda obrigatoria para evitar a dispersión da praga) e nunca deixar os restos acumulados, senón enterralos a profundidade, queimalos, etc.

As palmas das palmeiras moi afectadas polo picudo tamen poden cair As palmeiras afectadas por picudo en zonas de paso son especialmente perigosas

Os ventos tamen fixeron cair froita Por outra banda, esta cicloxénese tamén provocou a caída de parte da froita de árbores como os cítricos. É necesario retirar a maior cantidade da froita que estea no solo, pois pode atraer a patóxenos oportunistas e tamén a diversas especies de moscas da froita, que este ano están a ser especialmente abundantes debido ás condicións climáticas que tivemos ata agora.