|
Frondosas
|
|
Froiteiras de pebida e de óso e Viña, CÃtricos, Camelia, Palmeiras, Piñeiro, Vivendas e outras construccións
|
|
Danos por vento e choivas fortes
|
|
Piñeiro
|
|
Viña, Maceira e Pereira, Buxo
|
|
Buxo
|
|
Viña
|
|
Viña, Diversos frutais, Pataca
|
|
Viña, CÃtricos, Nogueira
|
|
Viña, CÃtricos, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Plátano de sombra, HortÃcolas en recolección
|
|
Viña, HortÃcolas en recolección, Buxo, Camelia
|
|
Viña, Buxo, Camelia
|
|
Viña, Maceira, Buxo, Piñeiro
|
|
Viña, Pataca, Buxo, Plátano de sombra
|
|
Viña, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Pataca, Buxo, Ameneiros e Salgueiros
|
|
Viña, Maceira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Pataca, Buxo, Diversas Plantas
|
|
Viña, Maceira, Pataca e outras plantas de horta, Evónimo e Roseiras, Diversas Ornamentais
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Kiwi, CÃtricos, Castiñeiro, Piñeiro
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, CÃtricos
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Carballo
|
|
Viña
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Melocotoeiro, CÃtricos, Buxo
|
|
Viña
|
|
Viña
|
|
Froiteiras de óso, Kiwi, CÃtricos, Buxo, Revisión da maquinaria de tratamentos fitosanitarios
|
|
Varias árbores, CÃtricos, Froiteiras en xeral, Buxo, Pataca
|
|
Piñeiro, Frondosas
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
21/12/2017
FROITEIRAS DE PEBIDA E DE ÓSO E VIÑA |
Podas e tratamentos de inverno |
Este ano houbo, en xeral, unha incidencia limitada das enfermidades habituais nas nosas froiteiras debido ás escasas precipitacións rexistradas no inverno pasado e ao longo do perÃodo vexetativo. De feito, hai estacións meteorolóxicas da rede de MeteoGalicia que ata o de agora nin recolleron 1000 l/m2 ao longo do ano (por exemplo 704 l/m2 no porto de Vigo, 878 en Cequeliños ou 974 en Areeiro). Pola contra, ao longo do verán puidemos comprobar como este ano houbo maior porcentaxe de plantas (de viña sobre todo pero tamén doutras especies) que manifestaban sÃntomas de alteracións da madeira, sen dúbida debido ao estrés provocado pola seca, e tamén ás elevadas producións que se deron, que esgotaron as plantas debilitadas.
Porén, despois das chuvias provocadas pola cicloxénese do dÃa 10 e polas borrascas da semana pasada, a partir de agora poden iniciarse certas labores (culturais e tratamentos fitosanitarios) que poden favorecer a sanidade das árbores para o ano próximo.
AsÃ, é en tempo seco e cas plantas tamén secas cando é recomendable realizar as podas, pero estas non teñen por que iniciarse xa tan cedo, senón que poden ser máis tardÃas, mesmo ata febreiro (sobre todo as das plantas que amosen cancros ou calquera outra alteración da madeira).
De todos os xeitos, agora, que aÃnda hai algo de folla nalgunhas froiteiras de pebida e óso, e polo tanto é máis sinxelo identificalas, pódese aproveitar para marcar, e eliminar antes do comezo do movemento da sabia, ou mesmo cortar xa, as ramas secas. Na viña, poden empezar a podar, se non o fixeron xa, aquelas plantas que non tivesen amosado sÃntomas (o que non quere dicir que non estean afectadas por patoloxÃas de madeira). En todos os casos lembren que:
- nas podas hai que facer cortes limpos, sen rachos e, a ser posible, sempre por debaixo da madeira degradada, é dicir, procurando que o corte amose madeira sa (e, se xa non é posible, débese renovar a planta a partir dun gromo sa que estea por debaixo da madeira afectada);
- os cortes de maiores dimensións deben ser protexidos con sustancias cicatrizantes que leven funxicida, e despois das podas é conveniente aplicar un tratamento cúprico xeneralizado, sempre e cando as temperaturas non sexan moi baixas;
- non hai que esquecer desinfectar as tesoiras de poda;
- débese eliminar todos os restos queimándoos ou sacándoos das fincas, pois poden albergar as formas de conservación dalgúns fungos ou favorecer a instalación de especies oportunistas (fungos e insectos).
- as plantas mortas tamén deben ser eliminadas completamente, incluÃndo o sistema radicular. Canto á reposición, cando se faga, debe ser con material sa que proveña dun viveiro certificado e con garantÃas sanitarias, e as plantas deben ter o sistema radicular ben desenvolvido, uniformemente distribuÃdo arredor do colo e sen raÃces en espiral. Por outra banda, a plantación debe facerse coidadosamente, co solo ben preparado, colocando o sistema radicular ben disposto e non enterrando nunca o punto de enxerto.
No kiwi, aÃnda que se pode máis adiante, é conveniente realizar agora unha aplicación cun composto de cobre para protexer das bacterioses as microferidas causadas pola caÃda das follas. Esta aplicación debe ser renovada cando menos unha vez máis no inverno (mellor despois dun episodio de chuvias e nunca en tempo frÃo) e, moi especialmente, ao realizar as podas.
|
CÃTRICOS |
Phytophthora |
Despois das precipitacións da cicloxénese do pasado dÃa 10, e en xeral despois de cada perÃodo de chuvia (para a semana as previsións apuntan neste sentido), pode acumularse auga na entorna das árbores, especialmente se se teñen feito sucos para retela cando se rega no verán. Estes sucos soen facerse precisamente con ese obxectivo, pero son totalmente contraproducentes desde o punto de vista fitopatolóxico xa que a auga lÃquida pode facilitar as infeccións por Phytophthora cinnamomi, fungo da raÃz ao que os cÃtricos son moi sensibles. Polo tanto é aconsellable eliminar estes sucos para reducir o risco, e ter as árbores co solo ben drenado. Para o seu control, o funxicida autorizado no Rexistro de Produtos Fitosanitarios do Ministerio é o fosetil-Al 80%.
Phytophthora cinnamomi, como fungo de raÃz que é, non ten unha sintomatoloxÃa especÃfica, pero pode sospeitarse da súa presenza se o cÃtrico presenta follas pequenas e amareladas, perda de follas (comezando polas zonas máis afastadas das raÃces), etc. Estes sÃntomas tamén poden indicar a presenza doutras anomalÃas a nivel do solo, tanto desde o punto de vista biótico como abiótico
Tamén as precipitacións poden favorecer a presenza de Phytophthora hibernalis ou outras especies aéreas do mesmo xénero. De momento este ano os froitos están, en xeral, sas, pero se aparecen as podremias brandas na froita que conducen a súa caÃda prematura, ou mesmo manchas escuras acuosas nas follas, probablemente se trate dun destes fungos. Para limitar as posibilidades de que se estenda no caso de que apareza froita con este dano, non esqueza eliminala (tamén a caÃda ao solo).
|
Psila africana (Trioza erytreae) e moscas brancas |
O tempo estable que practicamente tivemos este ano, e as temperaturas na entorna de 15-20 ºC que temos aÃnda agora nalgunhas zonas nas horas centrais do dÃa, favorece o crecemento de gromos de cÃtricos que aparecen máis ou menos colonizados polas formas xuvenÃs da psila africana e/ou de moscas brancas. Porén, nesta época non son de esperar danos importantes, entre outras razóns porque os frÃos das noites frean o seu desenvolvemento, polo que a simple retirada destes gromos pode eliminar as colonias. En caso de necesitar aplicar un insecticida, neste momento de maduración e recollida de froita deben recorrer a produtos naturais do tipo aceite de parafina (non ten prazo de seguridade), tendo a precaución de mollar moi ben o envés das follas.
|
CAMELIA |
Fungo do murchamento da flor (Ciborinia camelliae) |
Debido a que este ano, polas condicións climáticas, adiantouse a floración das camelias (mesmo algunhas especies xa teñen flor caÃda), nos casos en que o fungo estea presente deben recollerse as flores do solo polo menos unha vez por semana co fin de reducir o inóculo presente. Tamén é conveniente procurar que haxa boa ventilación na zona baixa das plantas podando as ramas baixas e eliminando as malas herbas.
|
Ãcaro do botón floral (Cosetacus camelliae) |
Tamén debido á máis temperá floración das camelias é de esperar que se produza antes a brotación, en especial se persisten as condicións de clima suave. Naquelas plantas que todos os anos teñan os sÃntomas caracterÃsticos destes ácaros haberá que estar moi pendente deste momento, pois é o idóneo para intervir, con produtos autorizados (abamectina, aceite de colza, aceite de parafina, xofre ou oxamilo), fronte a esta praga.
|
PALMEIRAS |
Picudo vermello |
Este ano púidose observar nos diferentes concellos da nosa provincia un incremento do número de palmeiras afectadas por Rhynchophorus ferrugineus, cuxos sÃntomas foron especialmente notorios despois do verán. As plantas moi afectadas deben ser eliminadas para evitar a propagación do insecto. Se hai posibilidades de recuperación das plantas por ter menos danos, comeza o momento idóneo para retirar as ramas secas e eliminar as palmas afectadas, non só co obxectivo de reducir a presenza da praga senón tamén pola seguridade de persoas e bens. En Galicia existen diferentes empresas que fan estas labores, asà como tratamentos fitosanitarios sobre aquelas palmeiras menos afectadas e/ou aparentemente sas. As plantas máis pequenas que non requiran destas empresas poden ser eliminadas e/ou tratadas polos propios particulares, sempre coas precaucións indispensables para os traballos con palmeiras e respectando as normas de destrución ou enterrado dos restos.
Para os tratamentos, e dado o elevado número de consultas recibidas nestes dÃas, poderanse utilizar os produtos fitosanitarios autorizados para este uso no Rexistro de Produtos Fitosanitarios do Ministerio. Especificamente fronte a Rhynchophorus ferrugineus só hai un produto autorizado (e só para palmeira datileira) que é acetamiprid 20%; porén, dada a condición de trade das larvas deste insecto tamén se pode empregar calquera dos insecticidas autorizados fronte a trades en palmáceas ornamentais: abamectina 1,8%; clorpirifos 48%; fosmet 50% e imidacloprid 20% (abamectina e fosmet tamén se poden empregar en XardinarÃa Exterior Doméstica, ámbito destinado a aquelas persoas que non dispoñan de carné de manipulador de fitosanitarios por non dedicarse á agricultura). Tamén se está a aplicar o fungo Beauveria basiana e nematodos entomopatóxenos da especie Steinernema carpocapsae.
|
PIÑEIRO
|
Procesionaria |
Esta semana continuamos observando a formación de bolsóns (niños) de procesionaria, máis danos debidos á alimentación das eirugas, e tamén atopamos novas procesións no solo. Lembren que non se deben tocar as eirugas e que tamén os cans deben apartarse delas polos pelos urticantes que posúen. Para previr problemas poden instalarse barreiras arredor das árbores e tamén aplicar tratamentos aos bolsóns en formación (asegurando que o produto poda entrar neles) ou, se existe a posibilidade, eliminar, con todo o coidado posible, as ramas onde estean localizados os niños, destruÃndoos despois.
|
VIVENDAS e OUTRAS CONSTRUCIÓNS |
Leptoglossus occidentalis |
Este ano volta a ser relativamente frecuente a aparición, nalgunhas vivendas e outras edificacións (sobre todo do rural), deste insecto propio das piñas dos pinos (baleira os piñóns, aÃnda que na nosa provincia non parece causar danos). O feito de que aparezan nas construcións humanas débese unicamente á súa procura de refuxio para o pasar o inverno, pero non afecta ás persoas nin produce danos a outras plantas.
|
F E L I C E S     F E S T A S     A     T O D O S |
|