Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios
Suscríbase as novidades da nosa Páxina web Suscribirse a las novedades por correo electrónico

DEC27

Frondosas

DEC21

Froiteiras de pebida e de óso e Viña, Cítricos, Camelia, Palmeiras, Piñeiro, Vivendas e outras construccións

DEC11

Danos por vento e choivas fortes

DEC07

Piñeiro

SET11

Viña, Maceira e Pereira, Buxo

AGO29

Buxo

AGO25

Viña

AGO11

Viña, Diversos frutais, Pataca

AGO04

Viña, Cítricos, Nogueira

XUL28

Viña, Cítricos, Buxo

XUL21

Viña, Maceira, Marmeleiro, Plátano de sombra, Hortícolas en recolección

XUL14

Viña, Hortícolas en recolección, Buxo, Camelia

XUL07

Viña, Buxo, Camelia

XUÑ30

Viña, Maceira, Buxo, Piñeiro

XUÑ23

Viña, Pataca, Buxo, Plátano de sombra

XUÑ16

Viña, Pataca, Buxo

XUÑ09

Viña, Maceira, Pataca, Buxo

XUÑ02

Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Buxo

MAI26

Viña, Maceira, Marmeleiro, Pataca, Buxo, Ameneiros e Salgueiros

MAI19

Viña, Maceira, Pataca, Buxo

MAI12

Viña, Maceira, Kiwi, Pataca, Buxo, Diversas Plantas

MAI05

Viña, Maceira, Pataca e outras plantas de horta, Evónimo e Roseiras, Diversas Ornamentais

ABR28

Viña, Maceira, Cerdeira, Kiwi, Cítricos, Castiñeiro, Piñeiro

ABR21

Viña, Maceira, Cerdeira, Cítricos

ABR12

Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Carballo

ABR11

Viña

ABR07

Viña, Maceira, Pereira, Melocotoeiro, Cítricos, Buxo

MAR27

Viña

MAR17

Viña

MAR09

Froiteiras de óso, Kiwi, Cítricos, Buxo, Revisión da maquinaria de tratamentos fitosanitarios

FEB08

Varias árbores, Cítricos, Froiteiras en xeral, Buxo, Pataca

ENE05

Piñeiro, Frondosas


AVISO FITOSANITARIO
27/12/2017


FRONDOSAS
Operophtera brumata

Nestes días capturamos os primeiros machos desta especie nas trampas de feromonas que temos instaladas en zonas da provincia onde desde a primavera de 2015 son notorias as defoliacións que causan. De momento non recollemos ningunha femia (que practicamente carecen de ás, polo que non voan) nas bandas engomadas que temos arredor dos troncos.

O. brumata é unha especie orixinaria dos países do norte e centro de Europa que foi introducida no norte de Africa, nalgúns países asiáticos e en América do Norte. Na nosa zona estaba presente, pero desde 2015 obsérvanse graves danos nalgunhas carballeiras da provincia no momento da brotación, xa que as súas eirugas se alimentan das xemas foliares e de flor e das follas tenras. Na primavera de 2017, ademais, observamos os seus efectos tamén en outras especies como a faia, pois é un insecto que pode atacar a diferentes frondosas (freixos, bidueiras, tilos...) e mesmo a froiteiras (maceira, pereira, cerdeira...) ou pequenos froitos (arándanos).

A detección precoz das primeiras eirugas na primavera é fundamental para facer un bo control desta praga, pois desde o momento en que se introducen nas xemas ou unen as follas tenras para alimentarse, é moi complicado limitar o ataque. Porén, xa nestes momentos podemos tomar medidas preventivas como a instalación das trampas para a captura de adultos e así reducir as posibilidades de apareamento.

Trampa de feromona con machos de Operophtera brumata Vista parcial da base engomada da trampa
F E L I Z      E     P R Ó S P E R O    2 0 1 8     A     T O D O S