Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Áreas de Traballo » Fitopatoloxía » Unidade de Bacterias


Unidade de Bacterias

Nesta Unidade lévanse a cabo traballos encamiñados ao diagnóstico e detección de bacterias que causan danos a especies agrícolas e forestais.

Entre outras, realízanse análises oficiais das enfermidades de corentena nas que destacamos: análises de sementes de xudía (Phaseolus vulgaris) para a detección da enfermidade Curtobacterium flaccumfaciens pv. flaccumfaciens, análises de cultivos de viveiros e invernadoiros de produción de hortícolas como por exemplo a tomateira, para a detección de Clavibacter michiganensis pv. michiganensis, responsable do cancro bacteriano e outras enfermidades importantes como Ralstonia solanacearum, Pseudomonas syringae e P. corrugata. Nas froiteiras e ornamentais son inspeccionadas, principalmente, as especies susceptibles, na procura de síntomas do fogo bacteriano, causado por Erwinia amylovora.

Ademais lévanse a cabo tarefas de control en viveiros de vide para a produción de plantas nai libres de Xylophilus ampelinus, causante da necrose bacteriana e de Xylella fastidiosa.

Tamén realízanse prospeccións nas plantacións de kiwi da nosa comunidade, para a detección das bacterias causantes da caída do botón floral, Pseudomonas syringae e Pseudomonas viridiflava, xa que dependendo da súa incidencia, poden causar perdas importantes na produción final.