Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Áreas de Traballo » Fitopatoloxía » Unidade de Nematodos


Unidade de Nematodos

Dedícase ao diagnóstico e control dos nematodos fitopatóxenos que ocasionan danos nos nosos cultivos. Especialmente aqueles considerados de corentena, como Globodera rostochiensis e G. pallida, nematodos do quiste da pataca, detectada esta última por primeira vez en Galicia no ano 2007, e Bursaphelenchus xylophilus, chamado nematodo do piñeiro, que desde a súa detección en Portugal en 1999, realízanse prospeccións anuais nas masas de coníferas e serradoiros e industrias da madeira, para detectar a súa presenza na nosa comunidade.

Nese sentido destacaremos os nematodos que causan problemas nos cultivos baixo abrigo, nos cales o xénero Meloidogyne é o mais importante.

No cultivo da vide establécense medidas de control nos viveiros da nosa comunidade, para a produción de plantas nai e variedades libres dos nematodos transmisores de virus dos xéneros Xiphinema e Longidorus, e tamén nas plantacións establecidas, para evitar a propagación destes patóxenos.

Nesta unidade tamén se realizan estudos de biodiversidade dos nematodos entomopatóxenos (NEPs) presentes nos solos galegos, que se utilizan como axentes de control biolóxico fronte a pragas de insectos que ocasionan importantes danos nos cultivos galegos como Tipula paludosa Meigen, Otiorhynchus sulcatus Fabricius, Curculio elephas Gyll., Cydia splendana Hb. y Cydia fagiglandana Zel.