Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Áreas de Traballo » Fruticultura e Ornamentais » Unidade de Propagación e Reproducción de plantas


Unidade de Propagación e Reproducción de plantas

Na E.F. do Areeiro póñense a punto métodos de reprodución e de propagación de todo tipo de especies vexetais.

Na actualidade contamos con invernadoiros para a propagación por estaca e de cámaras de cultivo e aclimatación para a produción de plantas de interese para a provincia e para incorporar ás diferentes liñas de estudo de danos e loita contra axentes patóxenos.

A propagación dalgúns fentos autóctonos e a dos fentos arbóreos das especies Cyathea cooperi e Dicksonia antarctica é difícil e pouco viable por métodos tradicionais, por iso ponse a punto unha técnica para a xerminación de esporas, formación do protalo e do esporofito in vitro e posterior transplante a cámaras de cultivo con condicións controladas de temperatura e humidade ata acadar un tamaño adecuado para o seu transplante ó viveiro. Está técnica transferiuse con éxito ó sector privado, producíndose unha media de 10.000 exemplares por ano para a venda.

Desde esta unidade préstase colaboración e subminístrase planta ás outras seccións e laboratorios da E.F. do Areeiro para o desenvolvemento das súas experiencias.