Produciuse a maduración da oospora
do
Mildeu na comarca do Salnés, o cal NON
quere dicir que haxa que iniciar os tratamentos fronte a esta
enfermidade.
Este feitosó é un dos
factores requiridos para que se produza a infección: como se referiu no
aviso
anterior é indispensable ademais que se produzan unhas
condicións ambientais determinadas e que o desenvolvemento da planta
sexa suficiente.
1º Mildeu en mosaico: no
outono fórmanse as oosporas nestas manchas
2º Detalle das oosporas nunha
mancha en mosaico (vistas á lupa)
3º Oosporas (ovos de inverno)
vistas ao microscopio: cada unha mide de 25 a 40 µm (0.025 a
0.040 mm)
4º Maduración da oospora:
emisión do esporanxio a partir da oospora.