UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA |
||||
Inicio » Publicacións » Comunicacións » 2007 |
|
Reunión
Científica del Grupo de Trabajo de Sanidad Forestal de La Sociedad
Española de Ciencias Forestales Palencia, 25 - 26 de Setembro 2007
|
|||
Estudio del genero Bursaphelenchus Fuchs y de Monochamus galloprovincialis Olivier en la Comunidad Autónoma de Galicia ABELLEIRA, A. ¹; PÉREZ, R. ¹; MANSILLA, J.P. 1,2 ¹Estación Fitopatolóxica do Areeiro. Excma. Diputación Provincial de Pontevedra. Subida a la Robleda s/n. 36153 Pontevedra. efa@efa-dip.org ²Departamento de Producción Vegetal, Universidad de Santiago de Compostela, Campus Universitario, 27002 Lugo, España. |
||||
RESUMO: A detección por primeira vez Europa, en concreto en Portugal, de Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle no ano 1999 desencadeou nos países membros da Unión Europea a obrigación á realización de mostraxes periódicas, co obxectivo de determinar a posible presenza deste nematodo e o seu transmisor Monochamus galloprovincialis Olivier. Na Comunidade Autónoma Galega, debido á súa proximidade e ás importacións madeireiras que realiza con Portugal, este estudo foi máis exhaustivo e analizáronse 3633 mostras de madeira, desde 1999 ata 2007, recollidas en masas de coníferas, sas e decaídas, serradoiros e industrias da madeira. Para determinar a presenza do transmisor instaláronse trampas de fiestra nas catro provincias galegas. Non se identificou Bursaphelenchus xylophilus pero sí outras especies deste xénero: B. mucronatus Mamiya et Enda, B. sexdentati Rühm, B. eggersi Rühm e B. hylobianum (Korenchenko) Hunt. Monochamus galloprovincialis foi detectado nas provincias de Ourense e Pontevedra. Neste traballo descríbense as características morfolóxicas e morfométricas destes nematodos a súa distribución e o seu vector na nosa Comunidade. Palabras chave: nematodo madeira piñeiro, cerambícidos, transmisor |
||||