UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA |
||||
Inicio » Publicacións » Comunicacións » 2007 |
|
Reunión
Científica del Grupo de Trabajo de Sanidad Forestal de La Sociedad
Española de Ciencias Forestales Palencia, 25 - 26 de Setembro 2007
|
|||
Presencia de nematodos entomopatógenos en suelos de castaño en Galicia PICOAGA, A.¹, ABELLEIRA, A. ¹, MANSILLA, J.P. 1,2 ¹Estación Fitopatolóxica do Areeiro. Excma. Diputación Provincial de Pontevedra. Subida a la Robleda s/n. 36153 Pontevedra. efa@efa-dip.org ²Departamento de Producción Vegetal, Universidad de Santiago de Compostela, Campus Universitario, 27002 Lugo, España. |
||||
RESUMO: Os nematodos entomopatóxenos (NEPs) son parasitos obrigados de insectos xa que presentan un terceiro estadio xuvenil resistente (IJ) de vida libre que é a forma infectiva que penetra na larva do insecto a hospedar, matándoa en 24-48 h., polo que son altamente efectivos como insecticidas biolóxicos. En varios países europeos realizáronse estudos nos que se mostra a súa eficacia para combater diferentes pragas de insectos que afectan o froito do castiñeiro como curculiónidos e tortrícidos. Neste traballo preténdese detectar a presenza de NEPs en solos de castiñeiro cos que poder iniciar un programa de loita biolóxica fronte a Curculio elephas e Cydia sp., pragas que causan os maiores danos no castiñeiro en Galicia. Para iso tomáronse mostras en 30 sotos característicos da nosa Comunidade determinando os nematodos entomopatóxenos presentes mediante a técnica de trampas-cebo con larvas de Galleria mellonella (Lepidóptero: Pyralidae) (Bedding e Akhurst, 1975). Ata o momento identificáronse, por análises morfolóxicas e morfométricas e por técnicas moleculares, nematodos dos xéneros Steinernema e Heterorhabditis en varios dos sotos de mostraxe. Palabras chave: Steinernema, Heterorhabditis, identificación, pragas, loita biolóxica |
||||