UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA |
||||
Inicio » Información Fitosanitaria » Primeiras Deteccións - Tuberculatus kuricola |
|
PRIMEIRA REFERENCIA DE Tuberculatus
kuricola NA ÁREA CONTINENTAL EUROPEA No mes de outubro do ano 2000 detectouse na provincia de Pontevedra un novo pulgón sobre castiñeiro: Tuberculatus (Nippocallis) kuricola, especie orixinaria de Xapón, Corea e China Continental que pode afectar non só a castiñeiro senón tamén a Quercus spp. Ata este momento, unicamente se citou a súa presenza, fóra da súa área de orixe, na illa de Madeira. Desde que se detectou en Pontevedra, concretamente sobre unha masa de Castanea x hybrida no municipio de Moaña, onde se observou a presenza de fumaxina e unha defoliación más ceda. As mostraxes realizadas con posterioridade na provincia demostraron a presenza do áfido en máis áreas, tanto sobre castiñeiro como sobre carballo ou roble americano, pero sen síntomas. |