Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Agronómica » Cítricos » setembro - decembro
Cítricos: Labores a realizar no período setembro - decembro

Os labores culturais a realizar entre a entrada do outono e finais de ano dirixiranse especialmente ao mantemento, preparación, protección e aproveitamento da plantación:

 
  • Protección do cultivo fronte a axentes meteorolóxicos adversos.- Dende o outono existe a posibilidade de que se dean condicións meteorolóxicas adversas, polo que convén comezar a preparar os sistemas destinados á protección do cultivo, dende mallas para cubrilos ata outras estruturas protectoras. Neste sentido, para árbores novas pódense empregar tres canas (de lonxitude superior á altura da árbore), que se unirán polo seu extremo superior cunha fita adhesiva conformando a armazón dunha "tenda de campaña". Sobre esta estrutura colocarase unha malla sen chegar ao pé da árbore.

    Recordar que no calendario do período xaneiro - abril se explicaba como facer fronte a outros fenómenos meteorolóxicos adversos como ventos, xeadas, sarabia etc. así como os tratamentos posteriores que se deben realizar.