Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Agronómica » Cítricos » setembro - decembro
Cítricos: Labores a realizar no período setembro - decembro

Os labores culturais a realizar entre a entrada do outono e finais de ano dirixiranse especialmente ao mantemento, preparación, protección e aproveitamento da plantación:

 
  • Poda.- É un momento axeitado (conxuntamente co inverno máis avanzado) para efectuar unha poda de limpeza das árbores da plantación co fin de favorecer unha boa produción na primavera seguinte. É unha práctica que se debe realizar todos os anos para evitar ter que realizar actuacións máis drásticas no futuro.

    Tamén esta é unha época ideal para realizar unha poda de rexuvenecemento, no caso de que algunha árbore o precise: efectúase cando se observa que a árbore envelleceu prematuramente por diversas razóns. Esta técnica consiste nunha poda "estrema", deixando tan só o tronco e as pólas principais co obxectivo de forzar un crecemento novo e vigoroso. Para protexer e favorecer a cicatrización das pólas cun diámetro de máis de 4 cm cómpre aplicar unha pasta funxicida e cicatrizante sobre os cortes.