Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Agronómica » Cítricos » maio - agosto
Cítricos: Labores a realizar no período maio - agosto

Os labores culturais a realizar entre a primavera tardía e os meses estivais están encamiñados basicamente ao mantemento, aproveitamento, mellora do callado e a rega da plantación:

 
  • Tratamentos para promover o callado do froito.- Trátase dun conxunto de técnicas destinadas a estimulalo, que normalmente se realizarán sobre o mes de xullo. As dúas prácticas principais para iso son:


  • Descascado anular: Consiste en realizar unha serie de aneis nas pólas secundarias da árbore para favorecer a alimentación da zona que queda por enriba do anelado ao concentrar nela o zume elaborado e polo tanto os nutrientes. Con iso pódese conseguir un aumento do diámetro dos froitos de 2,5 a 4 mm. Pode utilizarse igualmente para incrementar o callado das variedades con problemas de frutificación. Os aneis serán de aproximadamente 1 mm de anchura e de realizarán cunhas tesoiras apropiadas (de fío curvo). É moi importante non afondar ata a madeira, pois podería cortar a circulación do zume bruto e xerar amarelado das follas debido a deficiencias en nutrientes.


  • Incisións: Realízanse co mesmo obxectivo que a práctica anterior e consisten en realizar unha pequena marca na casca en forma de V por enriba da inserción do gromo que se desexa estimular. É menos agresiva, ao ser menor a lonxitude de corte.

    Ambas as dúas prácticas cómpre realizalas en pleno período vexetativo ao final da época de callado, aínda que os seus efectos son positivos aínda que se realicen a comezos de setembro.

  • Aplicación de auxinas de síntese: En caso necesario (consultar un técnico) pódense pulverizar produtos a base desta hormona para incrementar o tamaño dos froitos. Cómpre realizarse en torno aos últimos días do callado, cando o tamaño do froito está comprendido nun rango de 15 a 30 mm (dependendo da variedade). Débese evitar realizalo en días ventosos e nas horas de maior insolación e polo tanto de temperatura máis elevada.