Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Agronómica » Cítricos » maio - agosto
Cítricos: Labores a realizar no período maio - agosto

Os labores culturais a realizar entre a primavera tardía e os meses estivais están encamiñados basicamente ao mantemento, aproveitamento, mellora do callado e a rega da plantación:

 
  • Tratamento da "clareta", "colapso da casca" ou "agretado da pel do froito".- É unha anomalía que pode aparecer neste período. O seu síntoma principal é a aparición de gretas na casca nas zonas máis brandas. O síntoma é máis visible ao inicio da maduración, aínda que se orixina nas primeiras fases de crecemento do froito, e acontece porque a pel do froito non crece tan rápido como o seu interior. Unha forma de reducir esta alteración é mediante a aplicación de ácidos xiberélicos, a dose 10-20 ppm, cando os froitos teñen 30-50 mm de diámetro (ou tamén a mediados de decembro). A adición de fosfato amónico nas aplicacións de ácido xiberélico reduce, ata case anular, o problema da "clareta".

Síntomas de clareta