Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Agronómica » Cítricos » maio - agosto
Cítricos: Labores a realizar no período maio - agosto

Os labores culturais a realizar entre a primavera tardía e os meses estivais están encamiñados basicamente ao mantemento, aproveitamento, mellora do callado e a rega da plantación:

 
  • Poda de mantemento e frutificación.- Realizar en verán unha poda de mantemento e frutificación axuda a manter a plantación nun estado óptimo e, xunto coas técnicas descritas anteriormente, aumenta a produción e tamaño dos froitos.

  • Poda de mantemento: Consiste en eliminar pólas vellas e pouco produtivas (con poucos gromos) para favorecer a produción de pólas novas, así como a exposición das follas á luz solar. Cómpre que o tronco principal non quede exposto ao sol repentinamente, polo que debemos deixar algunhas pólas que o resgarden. Hai que comezar a realizar esta poda en primavera, unha vez pasado o frío do inverno e a recolección.

  • Poda de fructificación: Debe ser moderada e consistirá no raleo e despuntado das pólas co obxecto de manter as árbores o máis baixas posible, regular a densidade das follas para previr enfermidades por falta de aireación, e aumentar a penetración da luz ao interior da árbore.