Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Agronómica » Cítricos » maio - agosto
Cítricos: Labores a realizar no período maio - agosto

Os labores culturais a realizar entre a primavera tardía e os meses estivais están encamiñados basicamente ao mantemento, aproveitamento, mellora do callado e a rega da plantación:

 
  • Rega.- Coas elevadas temperaturas e a falta de precipitación que adoita rexistrarse nesta época do ano, débese prestar especial atención á rega das froiteiras, non só a como realizala senón á súa frecuencia. A rega debe ser diaria se o verán é seco. En termos xerais estímase que a cantidade de auga necesaria para unha horta de cítricos oscila entre 9.000 e 1.200 m³ por hectárea e ano. A cantidade de auga requirida e o intervalo de aplicación en cada momento depende de varios factores como a climatoloxía do lugar ou as características do solo. En todos os casos cómpre manter a cuberta vexetal segada para evitar que as malas herbas compitan pola auga coas raíces dos cítricos.