Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Publicacións » Artículos en Revistas Científicas e Divulgativas » 2004




4196
Efficiency of Pesticides on the control of Cosetacus camelliae
American Camelia Yearbook 2004 American Camellia Society. Pp: 57-60.


R. Pérez Otero¹, J. Pedro Mansilla Vázquez¹²,M.C. Salinero Corral¹

¹ Excma. Diputación de Pontevedra. Servicio Agrario. Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Subida a la Robleda s/n, E-36153 Pontevedra, Spain

² Departamento de producción vegetal, Universidad de santiago de Compostela, Campus Universitario, E-27002 Lugo, Spain







RESUMO:     A camelia foi introducida en Galicia no século XIX e o seu cultivo estendeuse, especialmente no sur. As exposicións e as asociacións da camelia contribuíron en gran medida ao aumento da importancia deste arbusto, non só en Galicia, senón tamén noutras zonas de España. Dende finais do século XIX, fóronse creando viveiros de camelia en Galicia, sen embargo a producción obtida desta planta nun primeiro momento destinouse a esta comunidade. Sen embargo, nos últimos dez anos os viveiros de camelia experimentaron un gran desenvolvemento e neste momento en Galicia existen máis de 20 viveiros que exportan plantas a Europa. Debido á gran importancia que está adquirindo este arbusto na nosa zona, comezáronse a levar a cabo estudios sobre los efectos das pragas e enfermidades en camelia (Mansilla et al 1991, Mansilla et al 2002). Entre as pragas que se poden atopar en camelia, os eriófidos constitúen unha das máis importantes (Pérez, 2003). O ácaro Cosetacus camelliae Keifer ocasiona danos graves nas flores de camelia (Mansilla, 1991). Este insecto se desenvolve no botón floral ocasionando o secado do sépalo e a caída prematura do abrocho. A finais del año 1990, este ácaro danou ao 90% das plantas de camelia da nosa comunidade (Mansilla, et al. 2002). Neste traballo, avaliouse a eficacia de varios productos químicos no control da poboación deste eriófido



4195
Phytopathogenic Nematodes associated with Camellia genus in Galicia (NW Spain)
American Camelia Yearbook 2004 American Camellia Society. Pp: 71 - 75.


A. Abelleira¹, J. Pedro Mansilla¹², A. Picoaga, M.C. Salinero

¹ Excma. Diputación de Pontevedra. Servicio Agrario. Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Subida a la Robleda s/n, E-36153 Pontevedra, Spain

² Departamento de producción vegetal, Universidad de santiago de Compostela, Campus Universitario, E-27002 Lugo, Spain






RESUMO:     En Galicia, o valor que posúen as camelias como plantas ornamentais é moi importante. As especies ornamentais máis cultivadas da comunidade son C. japonica, C. reticulata, C. sasanqua e os seus híbridos. Estas plantas poden atoparse en tódolos xardíns, sen importar o pequenos que sexan, moitos eles públicos, ao longo das rúas e rodeando edificios públicos en pequenas xardineiras (Salinero, et al. 2004). Debido á gran importancia que experimentaron as camelias en Galicia durante máis de 20 años, realizáronse estudos sobre os organismos patóxenos que afectan ás camelias en Galicia (Mansilla, et al. 1991, Mansilla et al 2002). Sen embargo, ata agora os nematodos non foran incluídos nestes estudos. No mundo non existen moitos traballos sobre nematodos parasitarios en plantas asociados a camelias como cultivos ornamentais (Clairns & Self, 1958; Barriga, 1965). A maior parte destes estudos están dedicados a C. sinensis que posúe a maior producción, xa que as súas follas utilízanse na fabricación do té. Levouse a cabo unha mostraxe nos xardíns da nosa rexión para determinar, entre outros organismos, a presenza de nematodos no substrato. Neste traballo, unicamente se determinou o xénero dos nematodos debido á gran diversidade atopada. Nestes momentos estanse levando a cabo estudios para identificar as especies de nematodos presentes en Camelia. Neste estudo non se consideraron os nematodos foliares, debido a que non posúemos ningunha referencia sobre la incidencia destes patóxenos en Camellia




3375
Effects of Mycorrhizal Inoculation on Root Morphology and Nursery Production of Three Grapevine Rootstocks
American Journal of Enology and Viticulture, 55: 108-111, 2004


Olga Aguín¹, J. Pedro Mansilla¹²,Anton Vilariño³, María J. Sainz²

¹ Excma. Diputación de Pontevedra. Servicio Agrario. Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Subida a la Robleda s/n, E-36153 Pontevedra, Spain

² Departamento de producción vegetal, Universidad de santiago de Compostela, Campus Universitario, E-27002 Lugo, Spain

³ Instituto de Investigaciones Agrobiológicas de Galicia, CSIC, Apdo. 122, E-15780 Santiago de Compostela, Spain.






RESUMO:     A vide forma simbioses mutualistas coas micorrizas arbusculares (MA). Se ha demostrado que incentivan o crecemento e a nutrición da planta. En campo, a poboación do fungo MA pode ser baixa ou inexistente (en solos fumigados), o que confirma la necesidade de levar a cabo a inoculación de MA en plantas de vide en viveiro. A inoculación do fungo MA no substrato da raíz constitúe unha estratexia efectiva para la producción de plantas micorrizadas en viveiro. Avaliáronse os efectos desta inoculación na morfoloxía e crecemento de la raíz de tres patróns de vide. Los resultados obtidos mostraron que a inoculación co fungo MA Glomus aggregatum en camas con estaquillas enraizadas de vide cambiaba a morfoloxía da mesma, aumentando la ramificación de las raíces laterais principais. Cando as estaquillas enraizadas se transplantaron a contenedores, con substrato suficiente e co fungo MA, e deixáronse crecer durante nove meses, observouse un aumento do crecemento en dous dos patróns inoculados. Glomus aggregatum, só ou en sinerxía co el fungo MA orixinario, mostrou unha gran afinidade polos patróns Couderc 161-49 que foron as raíces máis colonizadas e que mostraron unha resposta de crecemento máis positiva.

PALABRAS CLAVE: Micorriza arbuscular, uva, aumento en el crecemento, desenvolvemento da raíz.




570
Armillaria Species Infesting Vineyards in Northwestern Spain
European Journal of Plant Pathology, 110: 683-687, August 2004


Olga Aguín Casal¹, María J. Sáinz-Osés², J. Pedro Mansilla Vázquez¹²

¹ Excma. Diputación de Pontevedra. Servicio Agrario. Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Subida a la Robleda s/n, E-36153 Pontevedra, Spain

² Departamento de producción vegetal, Universidad de santiago de Compostela, E-27002 Lugo, Spain






RESUMO:     Estudáronse doce viñedos situados no noroeste de España para avaliar a incidencia da podremia branca radicular durante os anos 1995 e 1997. En ámbolos dous anos, recolleuse material infectado e identificouse a especie de Armillaria responsable mediante probas de compatibilidade. Posteriormente, utilizouse a análise do polimorfismo de lonxitude do fragmento de restricción da rexión do espaciador interxénico de RNA ribosomal do conxunto de xenes para identificar especies de Armillaria noutras 45 mostras sintomáticas procedentes de esta zona. Durante 1995, 9 dos 12 viñedos mostraron podremia branca radicular, anque en 8 casos, menos dun 2% das plantas estaban afectadas, e na viña restante un 17% das plantas estaban infectadas. Durante 1997, 10 dos 12 viñedos estaban infectados e 3 mostraban un marcado incremento na cantidade de plantas con podremia branca radicular (ata un 43% no viñedo no que en 1995 presentaba un 17% de plantas afectadas). O método de compatibilidade detectou Armillaria mellea en mostras de 10 de 12 viñedos, e Armillaria gallica en mostras de dous viñedos. A análise de RFLP-PCR detectou catro patróns de restricción que correspondían a A. mellea, A. gallica y Armillaria cepistipes: con patróns mel 1 (A. mellea, nun 71% das mostras), mel 2 (A. mellea en 18%), gal 1 (A. gallica, en 9%), y cep 1 (A. cepistipes, 2%, nunha única mostra). Esta é a primeira vez que se detecta A. gallica e A. cepistipes infectando Vitis spp. A presenza destas dúas especies de Armillaria podería estar relacionada co feito de que os viñedos dos que foron illadas estaban localizados en puntos forestais.

PALABRAS CLAVE: A. cepistipes, A. gallica, A. mellea, RFLP-PCR, Vitis spp., podremia branca radicular..




4075
Phytophtora ramorum nuevo patógeno en España sobre Camellia japonica y Viburnum tinus
Boletín de Sanidad Vegetal y Plagas, 30: 97-111, 2004


C. Pintos Varela, J. P. Mansilla Vázquez, O. Aguin Casal

Excma. Diputación de Pontevedra. Servicio Agrario. Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Subida a la Robleda s/n, Pontevedra, Spain





RESUMO:     Neste traballo amósase o illamento positivo de Phytophtora ramorum, por primeira vez en España, sobre Viburnum tinus e Camellia japonica. Asimesmo tamén foi identificado o patóxeno sobre Rhododendron spp. A identificación foi realizada polas súas características morfolóxicas diferenciais así como por técnicas moleculares

PALABRAS CLAVE: Phytophthora ramorum, ornamentais, inoculación, PCR-RFLP, nested-PCR, Grupo de compatibilidade A1




4074
Detección en España de Ctenarytaina spatulata Taylor sobre Eucalyptus globulus Labill
Boletín de Sanidad Vegetal y Plagas, 30: 57-63, 2004


J. P. Mansilla1, R. Pérez1, P. Del Estal2, A. Blond3

1 Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Subida a la Robleda s/n, Pontevedra, Spain
2 Escuela Técnica Superior de Ingenieros Agrónimos. Unidad de Protección de los Cultivos. Cuidad Universitaria. Madrid
3 Xunta de Galicia. Consellería de Medio Ambiente. Servicio de Montes e Industrias Forestais de Pontevedra





RESUMO:     Cítase unha nova especie de psílido sobre eucalipto en España: Ctenarytaina spatulata Taylor, recentemente detectada en Galicia. Fronte a Ctenarytaina eucalypti Maskell, o novo psílido centra os seus ataques en brotes adultos, onde pode producir deformacións nas follas e necrose dos brotes, cuestións observadas nalgunhas das masas infectadas. Sen embargo, as posibles consecuencias do seu ataque sobre a productividade do eucalipto, así como a distribución real do insecto, son polo momento descoñecidas.

PALABRAS CLAVE: Ctenarytaina spatulata, España, eucalipto, psílido




1178
The genus Bursaphelenchus Fuchs (Nematoda: Aphelenchida) in north-west Spain
Nematology International Journal of Fundamental and Applied Nematological Research


Adela ABELLEIRA1, Miguel ESCUER2, María ARIAS2, J. Pedro MANSILLA1

1 Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Subida a la Robleda s/n, Pontevedra, Spain
2 Dpto Agroecología, CCMA, CSISC, Serrano 115 apdo, 280012 Madrid, Spain




RESUMO:Debido á aparición do nematodo da madeira de piñeiro (Bursaphelenchus xylophilus) na península de Setúbal (Portugal), os nematodos do xénero Bursaphelenchus e o insecto vector foron estudiados en Galicia en bosques de piñeiro, na industria madeireira e puntos de entrada de madeira importada. O obxectivo deste artigo foi o de contribuír ao establecemento de medidas necesarias para previr a introdución de B. xylophilus en España. A mostraxe e a identificación de nematodos levouse a cabo segundo as normas da UE. A partires das recollidas que se levaron a cabo durante os anos 1999- 2000, estudáronse un total de 2612 mostras. Nestas mostras identificáronse os seguintes nematodos: Bursaphelenchus eggersi, B. mucronatus y B. sexdentati, e Monochamus galloprovincialis, un insecto vector cerambícido. Bursaphelenchus xylophilus non foi illado. Neste traballo mostráronse as características morfométricas e a distribución xeográfica das especies, ademais inclúese unha avaliación sobre o risco que podería ocasionar a introducción de B. xylophilus en España.

PALABRAS CLAVE: Bursaphelenchus eggersi, B. mucronatus, B. sexdentati, enfermidade do murchamento do piñeiro, Monochamus galloprovincialis, morfoloxía.



3375
Effects of Mycorrhizal Inoculation on Root Morphology and Nursery Production of Three Grapevine Rootstocks
American Journal of Enology and Viticulture; Volume 55; 2004


Olga Aguín,1 J. Pedro Mansilla,1,2 Antón Vilariño,3 María J. Sáinz.2

1 Estación Fitopatolóxica do Areeiro.
2 Departamento de Producción Vegetal, Universidad de Santiago de Compostela; Campus Universitario de Lugo
3 Instituto de Investigaciones Agrobiológicas de Galicia CSIC



RESUMO:
As vides que se produciron a partir dunha simbiose mutualista cos fungos da micorriza arbuscular mostraron un gran crecemento e unha maior nutrición. No campo, as poboacións de fungos poden ser baixas ou inexistentes (en substratos fumigados), por esta razón deberíase levar a cabo a inoculación de MA en vide en viveiros. A adicción de inóculo do fungo ao substrato de enraizamento podería considerarse unha estratexia efectiva para conseguir a producción en invernadoiro de plantas micorrizais. De esta maneira leváronse a cabo ensaios en tres patróns de vide onde se avaliou a morfoloxía da raíz e o crecemento dos mesmos. Os resultados obtidos mostráronnos ca inoculación co fungo de MA Glomus aggregatum en camas de enraizamento de estacas de vide cambiaba la morfoloxía de la raíz, aumentando a ramificación das raíces laterais de primeiro orden. Cando as estacas ramificadas se transplantaban a macetas, con substrato suficiente en P e con fungos de MA autóctonos, e cultivados durante nove meses, observábase un aumento significativo do crecemento en dúas das estacas inoculadas. Glomus aggregatum, só ou en sinerxía cos fungos autóctonos MA, demostrou posuír unha maior afinidade en 161-49 Couderc, cuxas raíces foron colonizadas de maneira considerable e mostraron una maior reposta positiva ao crecemento.

PABLABRAS CLAVE: micorriza arbuscular, vide, aumento do crecemento, desenvolvemento da raíz.