Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Publicacións » Comunicacións » 2005

V Congreso de Ciencias Hortícolas, Porto 2005

4218


Efecto de Glomus aggregatum y del ciproconazol en la protección de Camellia japonica frente a Armillaria mellea.


Olga Aguín¹, J. Pedro Mansilla¹² , Pilar Vela¹, Pilar Piñón¹, Carmen Salinero¹ & María Jesús Sainz²

1 Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Subida a la Robleda s/n, E-36153 Pontevedra, España. oaguin@efa-dip.org.
2 Departamento de Producción Vegetal, Universidad de Santiago de Compostela, E-27002 Lugo, España. mjsainz@lugo.usc.es.




RESUMO:     As micorrizas arbusculares poden ter un papel importante na protección das plantas fronte a enfermidades de raíz causadas por hongos de solo. Neste traballo, realizouse un ensaio en cámara de condicións controladas para estudar o efecto da micorrización arbuscular (MA) na protección de plantas de camelia fronte a A. mellea, soa ou en interacción coa aplicación de ciproconazol. Establecéronse estaquiñas de tres variedades de C. japonica, 'Cidade de Vigo', 'Imbricata Rubra' e 'Magali', e do híbrido Camellia x williamsii 'Mary Phoebe Taylor', en dúas camas de enraizamiento con turba:perlita. Unha delas foi inoculada co hongo MA Glomus aggregatum e a outra non se inoculou. Seis meses despois, plantas ben enraizadas de cada camelia e de cada cama transplantáronse a macetas con turba baixo os seguintes tratamentos: control, inoculación con A. mellea, aplicación do funxicida ciproconazol, e a interacción A. mellea x ciproconazol. Os primeiros síntomas da enfermidade na parte aérea apareceron en plantas das variedades 'Imbricata Rubra' e 'Magali', pero logo de seis meses de cultivo en fitotrón, todas as plantas de tratamentos que incluían A. mellea foron afectadas polo patóxeno. Con todo, puido observarse que as plantas de 'Imbricata Rubra' e 'Magali' que procedían da cama inoculada con G. aggregatum tiñan menor incidencia da enfermidade e un mellor desenvolvemento de parte aérea, e presentaban un maior número de follas e de biomasa que as plantas non inoculadas co fungo MA



Palabras-clave: control biolóxico, funxicida, micorriza arbuscular, podremia branca radicular.