Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Publicacións » Comunicacións » 2005

V Congreso de Ciencias Hortícolas, Porto 2005

Descargar en formato PDF 4223


Tasa de liberación del nitrógeno de lodos de depuradora aplicados a dos suelos ácidos.


Saleta González Pimentel , María José Lema, Generosa González, Pablo Rodríguez.

Estación Fitopatológica do Areeiro, Subida a la Robleda s/n, E-36153 Pontevedra, España. saleta@efa-dip.org.




RESUMO:     A valorización de lodos residuais en solos agrícolas é cada vez máis necesaria aínda que, pode provocar uns riscos medioambientais, entre os que destaca a lixiviación de nitratos. Durante seis semanas consecutivas efectuouse un seguemento a dous solos ácidos, determinando os nitratos e o amonio nos lixiviados despois de aplicar sete doses de lodos de depuradora (5-100 t/ha) e dous fertilizantes químicos. O ensaio realizouse en macetas. Empregamos dous solos diferentes no contido inicial de nitratos (máis de 200 ppm fronte a 10 ppm), a acidez de cambio (0,4 fronte a 0,9 cmoles de aluminio) e o pH en KCl 4,9 e 4,5 respectivamente. Estes induciron unha diferente liberación de nitratos e amonio ao longo do tempo. No primeiro solo hai unha liberación masiva na primeira rega con valores de máis de 300 ppm de nitratos para doses maiores de 70 T/Ha, similares aos dos fertilizantes químicos, diminuíndo progresivamente coa rega. No outro solo a liberación progresiva de nitratos fai que se diferencien dous grupos a partir da terceira semana de ensaio, os de menos de 20T/Ha que presentan unha liberación similar ao branco e os restantes onde se alcanzan as cotas maiores de nitrato no lixiviado a partir da terceira semana, con valores por enriba de 150 ppm. Antes de efectuar o aporte dun fertilizante (lodo, fertilización química...) a un solo hai que coñecer as características do clima, do solo e do fertilizante. No noso caso, a diferente velocidade de mineralización inducida polo solo de partida foi clave á hora de obter perdas masivas ou retencións de nitróxeno.



Palabras-clave:contaminación agraria, residuos, nitratos, amonio, lixiviación