Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Publicacións » Comunicacións » 2005

V Congreso de Ciencias Hortícolas, Porto 2005

4219


Utilización de marcadores RAPD para la identificación de especies del género Camellia


Olga Aguín¹, Pilar Vela¹, Pilar Piñón¹, Carmen Salinero¹ & María Jesús Sainz²

1 Estación Fitopatolóxica do Areeiro , Subida a la Robleda s/n, E-36153 Pontevedra, España. oaguin@efa-dip.org.
2 Departamento de Producción Vegetal, Universidad de Santiago de Compostela, E-27002 Lugo, España. mjsainz@lugo.usc.es.




RESUMO:      A identificación de especies e cultivares no xénero Camellia baséase en caracteres agromorfolóxicos de follas, flores e froitos (naquelas camelias que os forman), e no tamaño do arbusto. A clasificación do material vexetal de camelia é difícil debido principalmente á gran capacidade de mutación e introgresión e ao alto potencial do xénero para formar novos cultivares e híbridos (tanto intra como interespecíficos), moitos deles imposibles de diferenciar morfolóxicamente na práctica. Nos últimos anos, tratouse de organizar a taxonomía dentro do xénero Camellia mediante distintos marcadores moleculares, aínda que cun éxito limitado. Neste traballo, utilizáronse marcadores RAPD (Random Amplified Polymorphic DNA) para diferenciar plantas de 16 especies de Camellia, das que se descoñecía como se realizou a súa identificación orixinal, aínda que varias delas mostraban características agromorfolóxicas similares. O material vexetal consistiu en brotes e botóns florais (frescos, conxelados e liofilizados) de C. caudata, C. euryoides, C. grijsii, C. japonica, C. longicarpa, C. lutchuensis, C. maliflora, C. oleifera, C. polyodonta, C. salicifolia, C. sasanqua, C. sinensis, C. taliensis, C. transnokoensis, C. yuhsienensis, e C. yunnanensis. O material fresco recolleuse en tres leiras situadas en Pontevedra (A Saleta, Soutomaior e Areeiro). Empregáronse 24 primers, dos cales só 4 xeraron patróns de bandas que se repetiron consistentemente en todos os experimentos. Obtivéronse 147 bandas nun rango de 300 a 1500 pb, das que 56 foron polimórficas e 23 específicas para algunha das especies. Non se atoparon bandas específicas para 5 especies, pero outras sete puideron diferenciarse cun só primer. Especies consideradas moi próximas, como C. grijsii e C. yuhsienensis, presentaron unha distancia xenética alta, o que fai pensar que a identificación orixinal destas especies podería non ser correcta.



Palabras-clave:dendrograma, filogenia, polimorfismo