Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Publicacións » Comunicacións » 2005

V Congreso de Ciencias Hortícolas, Porto 2005

Descargar en formato PDF 4224


Evaluación del reactivo Mehlich 3 como extractante multielemental.


Pablo Rodríguez , María José Lema, Generosa González , Saleta González Pimentel.

1 Estación Fitopatolóxica do Areeiro , Subida a la Robleda s/n, E-36153 Pontevedra, España. saleta@efa-dip.org.




RESUMO:      Na actualidade existe unha tendencia mundial a empregar disolucións extractantes "universais", válidas para unha ampla diversidade de solos e que sexan capaces de extraer varios elementos simultaneamente. Este estudo foi levado a cabo para avaliar a eficacia da extracción de macronutrientes (P, Ca, Mg, Na y K) e micronutrientes (Cu, Zn y Mn) mediante o método de extracción multielemental Mehlich 3 (M3) fronte aos métodos tradicionais de análise en 87 mostras de solos agrícolas cultivados procedentes de diversos puntos da xeografía galega. O P extraído polo método M3 correlaciona significativamente co extraído polo método Bray P1 e co Olsen (R2³0,76) pero é, en valor medio, menor que a cantidade extraída polo Bray P1 e aproximadamente o dobre da extraída polo método Olsen. A cantidade de catións desplazados coa disolución M3 está altamente correlacionada coa cantidade desprazada mediante a extracción con NH4Cl (R2³0,85) para Ca, Mg y K, non así para Na (R2=0,74). A relación entre a extracción co reactivo Mehlich 3 e a extracción con NH4Cl está preto de 1:1 para Ca, K e Mg, non así para o Na no que a capacidade de extracción da disolución M3 é lixeiramente superior que a do NH4Cl. Para Cu e Zn atópase unha alta correlación (R2³0,91) entre a extracción con DTPA e a realizada coa disolución M3, se ben a cantidade extraída con esta segunda disolución é aproximadamente o dobre para ámbolos dous. As correlacións atopadas entre a extracción coa disolución Mehlich 3 cos outros métodos permitiríanos, con certas reservas, empregar esta disolución para a extracción e a medida posterior destes elementos.



Palabras-clave:Solos agrícolas, fósforo Olsen, cloruro amónico, DTPA