Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Publicacións » Comunicacións » 2005

VI Congreso Forestal Español, Zaragoza 2005

Descargar en formato PDF 4216


Aplicación del método de conversión para la obtención de cepas hipovirulentas de Cryphonectria parasitica


Aguín Casal, O.; Montenegro Gregorio, D.; Pérez Otero, R.; Mansilla Vázquez, J. P.

Estación Fitopatolóxica do Areeiro. Servicio Agrario. Excma. Diputación Provincial de Pontevedra. Subida a la Robleda s/n.36153 Pontevedra. efa@efa-dip.org




RESUMO:      Cryphonectria parasitica é un patóxeno de corentena que está a causar importantes perdas nos castiñeiros do norte peninsular. Para minimizar os danos que ocasiona, o control biolóxico baseado no fenómeno da hipovirulencia está resultando ser o máis eficaz. Para poder implantalo cómpre coñecer a diversidade e distribución das poboacións de C. parasitica, e dispor de cepas hipovirulentas compatibles cos tipos de compatibilidade presentes na zona afectada. A detección destas cepas, baseada en criterios morfolóxicos e moleculares resulta complicada e ademais, cando se localizan, pode que resulten incompatibles cos tipos de compatibilidade establecidos. Por isto neste traballo preséntanse os resultados obtidos ao realizar o test de conversión entre illados virulentos obtidos en distintas zonas de España con illados hipovirulentos de C. parasitica, de diferente procedencia, para avaliar a capacidade de conversión. As confrontacións mantense en luz a 25ºC e compróbanse ós 11,13 e 20 días. Para confirmar a transformación de cepas virulentas en hipovirulentas realízanse subcultivos e extracción do dsRNA.



Palabras-clave: cancro, compatibilidade, control biolóxico, dsRNA