|
|
|
II Jornadas
Ibéricas de Plantas Ornamentais Vila do Conde, Portugal,
2004 Sociedad Española de
Ciencias Hortícolas (SECH)
|
Obtención de helechos arborescentes mediante tecnicas de
cultivo in vitro.
B. López, M.C. Salinero,
P. Vela, P. Piñón.
Estación
Fitopatolóxica do Areeiro, Excma. Diputación Provincial de
Pontevedra, Subida a la Robleda s/n, 36153 Pontevedra, España.
www.eda-dip.org
|
RESUMO: As
características edafoclimáticas do Noroeste de España
favorecen o desenvolvemento de especies vexetais procedentes de climas
tropicais e subtropicales, o que incrementa a demanda por estas especies
exóticas por parte tanto de particulares como de viveiristas. Este
é o caso dos fentos arbóreos, cuxa dificultade para propagarse
obrigou (fai máis de 20 anos) a desenvolver na Estación
Fitopatolóxica do Areeiro diversos ensaios destinados á posta a
punto de técnicas de cultivo "in vitro" coas especies Cyathea
cooperi e Dicksonia antarctica. Nos últimos anos o interese
dalgunhas empresas do sector viveirístico nestas especies, levounos a
retomar a técnica e iniciar melloras no proceso industrial para a
súa transferencia inmediata. A micropropagación realízase
a partir de esporas obtidas de frondes maduras, que tras ser desinfectadas en
superficie seméntanse no medio líquido UNE-B (Fossard, 1976).
Todas as primeiras fases de desenvolvemento teñen lugar no interior dos
tubos de ensaio. Unha vez xerminadas as esporas, na superficie do medio de
cultivo aparece o protalo e tras producirse a fecundación
orixínase o esporofito, que se mantén en desenvolvemento ata
chegar ao momento óptimo (2-4 pequenas frondes) para o seu trasplante a
maceta. Este trasplante realízase en macetas de 100 ml de capacidade
recheas cunha mestura de turba e perlita en proporción 1:1, e se
mantén en cámara de aclimatación con temperatura, humidade
e fotoperiodo controlados. As porcentaxes de xerminación das esporas foi
superior ao 70%, mentres que no paso de aclimatación acádase case
o 100% de éxito.
Palabras clave:
micropropagación, Cyathea cooperi ,Dicksonia
antarctica, xerminación.
|
|