|
|
|
IUFRO Conference
of the WP2.08.03 on Silviculture and Improvement of Eucalypts,
2004
|
4208 |
|
Control measures performed on eucalyptus pests
Pérez Otero, Rosa & Mansilla Vázquez, J. Pedro
Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Excma.
Diputación Provincial de Pontevedra, Subida a la Robleda s/n, 36153
Pontevedra, España.
|
RESUMO: A loita contra as
pragas do eucalipto en España xorde coa aparición de
Gonipterus scutellatus Gyll. en Galicia. Este coleóptero
aliméntase preferentemente de follas tenras, pero cando as súas
poboacións son elevadas, pode facelo tamén das xemas, co que a
brotación vese limitada ou impedida. A loita contra a praga
iníciase coa solta dun parasitoide dos ovos do defoliador, o
himenóptero mimárido Anaphes nitens H., de cuxo
éxito son numerosas as referencias existentes noutros países. Os
resultados de parasitismo son bos desde o momento en que se inicia o plan de
control (1996) pero insuficientes para regular as poboacións da praga a
curto prazo, polo que na actualidade considérase que, nos rodais
máis gravemente afectados, débese complementar a loita coa
aplicación de flufenoxuron, un regulador do crecemento rexistrado xa
para este uso en España que respecta ao beneficioso. Polo momento non
foi necesario adoptar medios de loita para outras pragas do eucalipto,
aínda que considerando o alcance da dispersión da nova praga
Ctenarytaina spatulata nun ano, é posible que sexa necesario
suscitala, por suposto desde a óptica do control biolóxico ou
integrado para non prexudicar o plan xa
establecido.
|
|