|
|
|
XII
Congreso de la Sociedad Española de Fitopatología (SEF),
2004
|
3962 |
|
Aplicación de un método de extracción de ADN
para la identificación de nematodos fitopatógenos por
técnicas moleculares
Abelleira, A.; Aguín,
O.; Balado, M.; Mansilla, J.P.
Estación Fitopatolóxica do
Areeiro, Excma. Diputación Provincial de Pontevedra, Subida a la Robleda
s/n, 36153 Pontevedra, España.
|
RESUMO: A
determinación morfolóxica e morfométrica de nematodos
fitopatóxenos nos laboratorios de diagnóstico, resulta complicada
debido ó amplo abano de especies existentes,. Nos últimos anos,
desenvolvéronse técnicas moleculares, sobre todo para a
identificación das especies máis importantes, que facilitan
enormemente o diagnóstico, polo que se están a implantar para o
seu uso rutineiro. Antes de caracterizar un determinado nematodo mediante un
marcador molecular apropiado, é necesario extraer o seu ADN, por iso
considérase este paso como o máis crítico á hora de
aplicar técnicas moleculares. Describíronse distintos
métodos de extracción para distintos xéneros. Por mor da
complexidade que supón, para un laboratorio de diagnóstico,
utilizar protocolos específicos de extracción para cada nematodo,
o obxectivo deste traballo foi evaluar a eficacia dun único
método de extracción de ADN para todos os principais
xéneros de nematodos fitopatóxenos. O protocolo estudado foi o
proposto por Bulman e Marshall (1997) para a extracción de ADN de
Globodera. O método aplicouse a nematodos dos xéneros
Globodera, Heterodera e Meloidogyne, probando catro tipos de
material de partida: quistes, adultos, xuvenís e ovos. Os resultados
demostraron que este método de extracción permite obter, de forma
rápida, repetitiva e fiable, o suficiente material xenético de
nematodos destes xéneros e a partir de todos os materiais de
extracción, para a súa utilización posterior en
técnicas moleculares de
identificación.
|
|