|
|
|
II Jornadas
Ibéricas de Plantas Ornamentais Vila do Conde, Portugal,
2004 Sociedad Española de
Ciencias Hortícolas (SECH)
|
Definición de los estados fenológicos de especies
del género Camellia.
Pilar
Vela¹, Carmen Salinero¹, Olga Aguín¹, María J.
Sainz² & Pilar Piñón¹
1
Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Excma. Diputación
Provincial de Pontevedra, Subida a la Robleda s/n, 36153 Pontevedra,
España. Email: pvela@efa-dip.org, mcs@efa-dip.org, oaguin@efa-dip.org
2 Departamento de Producción Vegetal, Universidad de Santiago de
Compostela, Campus Universitario, 27002 Lugo, España. Email:
mjsainz@lugo.usc.es
|
RESUMO: O xénero
Camellia introduciuse en España a mediados do século XIX.
Desde entón o seu cultivo estendeuse ampliamente, sobre todo polos
xardíns húmidos do Noroeste da Península Ibérica.
Malia esta ampla distribución, hai moitos aspectos do seu comportamento
biolóxico pouco coñecidos. Un deses aspectos é o
desenvolvemento dos seus estados fenolóxicos, cuxo coñecemento
permitiría unha mellora no manexo da planta, tanto para o control na
aplicación de produtos fitosanitarios como para a súa
comercialización. Por isto, o obxectivo deste traballo foi definir por
primeira vez os estados fenolóxicos do xénero Camellia en
Galicia. Durante 4 anos realizouse un seguimiento dos distintos estadíos
en plantas das especies C. japonica, C. sasanqua, C.
reticulata, C. sinensis, C. hibrida, C. grijsii, C.
rosiflora, C. lutchuensis e C. oleifera, situadas nas leiras
de Areeiro e Soutomaior, pertencentes á provincia de Pontevedra (NO de
España). En cada leira realizáronse dúas visitas semanales
durante as épocas de floración e brotación, e unha o resto
do ano. Para especies con varios exemplares na mesma leira, a valoración
do estado fenolóxico fíxose elixindo en cada momento o
estadío máis abundante, xa que a evolución da
fenoloxía en todos os individuos non foi simultánea. Os
resultados obtidos levaron a definir 9 estadíos fenológicos
diferentes durante o ciclo anual do xénero Camellia, e
observáronse diferenzas importantes entre especies, como é o caso
de C. sinensis, que comeza a súa floración entre agosto e
setembro, mentres que C. hibrida non a inicia ata o mes de
febreiro.
Palabras clave: ciclo biolóxico,
floración, brotación, fenograma .
|
|