|
|
|
Reunión
Anual del Grupo de Trabajo de Forestales, parques y Jardines, Logroño
2004
|
4202 |
|
Ensayo de eficacia frente al eriófido del botón floral de la
camelia Cosetacus camelliae keifer
Pérez Otero, Rosa; Mansilla Vázquez,
Pedro
Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Excma.
Diputación Provincial de Pontevedra, Subida a la Robleda s/n, 36153
Pontevedra, España. www.efa-dip.org
|
RESUMO: Malia que a área de distribución
natural da camelia é o sureste asiático, desde a súa
introdución en Galicia a principios do século XIX o seu cultivo
foise estendendo pola comunidade con maior ou menor intensidade segundo o
momento, e hoxe en día é unha das plantas ornamentais máis
características da área das Rías Baixas, cunha presenza
constante nos parques e xardíns da zona, aínda que tamén
é cada vez máis frecuente noutros espazos públicos e
privados de prácticamente toda a xeografía galega. Dada a
súa crecente importancia, favorecida en parte pola súa
floración invernal, foron xurdindo paulatinamente asociacións e
certámenes de exaltación deste arbusto que fixeron incrementar o
seu valor, non só xa en Galicia senón noutras áreas
españolas, aparecendo paralelamente un maior volume de produtores e
cultivadores desta planta, de xeito que posiblemente sexa o momento actual
cando a camelia goza de maior consideración desde a súa
introdución no noso país.
|
|