|
|
|
XII Congreso de
la Sociedad Española de Fitopatología (SEF), 2004
|
3960 |
|
Estudio de las poblaciones de Cryphonectria parasitica en
Castaños de Galicia
Aguín, O.; Mansilla,
J.P.; Pintos, C.
Estación Fitopatolóxica do Areeiro,
Excma. Diputación Provincial de Pontevedra, Subida a la Robleda s/n,
36153 Pontevedra, España.
|
RESUMO: O castiñeiro
é unha especie forestal de gran importancia na economía galega e
destaca polo seu bo aprovechamiento tanto para madeira como para
produción de froito. Unha das enfermidades máis graves que afecta
a esta especie e que provoca graves perdas coñécese co nome de
cancro e está causada por Cryphonectria parasitica. Na
actualidade sábese que este patóxeno atópase
prácticamente en todos os castiñeiros de Galicia pero non existen
estudos de localización e distribución. O obxectivo deste
traballo, realizado en colaboración coa Consellería de Medio
Ambiente da Xunta de Galicia, é coñecer a distribución de
Cryphonectria parasitica nas masas de castiñeiro en Galicia,
detectar a posible presenza de cepas hipovirulentas e coñecer a
estrutura e diversidade dos grupos de compatibilidade vexetativa. Realizouse
unha mostraxe nas catro provincias galegas, visitando 130 concellos e
inspeccionando 1060 puntos. En total recolléronse 466 mostras
sintomáticas de cortiza de castiñeiro. En laboratorio e, despois
dun proceso de desinfección superficial, o material vexetal sementouse
no medio de cultivo PDAmb. A virulencia dos illados determinouse pola
análise das características morfolóxicas e por
extracción do dsRNA. O estudo da compatibilidade vexetativa dos illados
de C. parasitica levouse a cabo no medio PDAg. Os grupos de
compatibilidade confrontáronse con cepas de referencia europeas dos
grupos EU1 ao EU64. A maioría das mostras de cortiza estaban afectadas
por cepas virulentas de C. parasitica, e detecttáronse
dúas cepas hipovirulentas na provincia de Lugo. Aínda que se
atoparon 8 grupos de compatibilidade vexetativa, o 70 % dos illados pertenceu a
un único grupo. Unicamente o tipo de compatibilidade denominado E (8%
dos illados) foi compatible cunha cepa de referencia europea, a
EU1.
|
|