|
|
|
Reunión
Anual del Grupo de Trabajo de Forestales, parques y Jardines, Logroño
2004
|
4204 |
|
Identificación de las principales patologías fúngicas
del Boj (Buxus sempervirens) en Galicia
Loureiro Ruibal, B.; Gonzalez Penalta, B.; Pintos Varela, C.;
Mansilla Vázquez, J.P.
Estación
Fitopatolóxica do Areeiro, Excma. Diputación Provincial de
Pontevedra, Subida a la Robleda s/n, 36153 Pontevedra, España.
www.efa-dip.org
|
RESUMO: O buxo (Buxus sempervirens) é unha
especie arbustiva amplamente distribuída en Europa, tanto de forma
silvestre como cultivada, debido á utilización da súa
madeira desde a antigüidade para a realización de distintos
utensilios e como especie ornamental. En Galicia, nun principio introduciuse
nos xardíns de pazos e casas solariegas. A utilización do buxo
nestes xardíns antigos dótaos de interese patrimonial, pois ao
ter un ritmo de crecemento moi lento, a existencia de individuos ou grupos con
porte arbóreo alto indica que se trata de plantas moi vellas. Na
actualidade, nos parques e xardíns galegos, séguese a utilizar
amplamente como especie ornamental, e xa que logo é importante evitar a
perda de plantas para reducir custos económicos no mantemento dos
mesmos. Por todo isto, xunto co escaso coñecemento das patoloxías
que afectan ao buxo, decidiuse realizar unha mostraxe nos parques e
xardíns da comunidade galega.
|
|