|
|
|
IUFRO Conference
of the WP2.08.03 on Silviculture and Improvement of Eucalypts,
2004
|
4209 |
|
Ctenarytaina spatulata Taylor: New pest on Eucalyptus in
northwest Spain
Pérez Otero, Rosa ; Mansilla
Vázquez, J. Pedro & Mansilla Salinero, Pablo
Estación
Fitopatolóxica do Areeiro, Excma. Diputación Provincial de
Pontevedra, Subida a la Robleda s/n, 36153 Pontevedra, España.
|
RESUMO: Entre os insectos da
familia Psyllidae que atacan ao eucalipto, no noroeste de España
atopábase desde a primeira metade dos anos 70 Ctenarytaina
eucalypti Mask.En xaneiro de 2003 detéctase unha nova especie do
mesmo xénero, Ctenarytaina spatulata Taylor, que aparece nun
eucaliptal da provincia de Pontevedra con follas xa transformadas en filodios e
onde se observaban lesións necróticas nos brotes e un crecemento
anormal dos mesmos. Desde a súa detección, realizouse unha
prospección para coñecer a dispersión da praga na
provincia que se atopa ampliamente distribuída (ata se coñece a
súa presenza xa en las demais provincias da rexión e en Asturias)
aínda que os seus danos son difíciles de avaliar no momento
actual. Tamén se realizou un primeiro estudo para coñecer a
súa bioloxía, e se deduciu que, na nosa latitude, atópase
en actividade ao longo de todo o ano, con poboacións maiores na
primavera e verán. No tocante ás posibilidades de control,
atopáronse na mostraxe realizada, diferentes depredadores que poden
contribuír a regular a poboación da
praga.
|
|