|
|
|
XII Congreso de
la Sociedad Española de Fitopatología (SEF), 2004
|
3959 |
|
Patogenicidad de Armillaria Mellea, Armillaria Ostoyae Y
Armillaria Gallica sobre coníferas
Aguín,O¹. Mansilla, J.P¹,².; Sáinz, M.J.
²
1 Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Excma.
Diputación Provincial de Pontevedra, Subida a la Robleda s/n, 36153
Pontevedra, España.
2 Departamento de Producción Vegetal.
Universidad de Santiago de Compostela. 27002 Lugo
|
RESUMO: A podremia branca da
raíz en coníferas atribúese principalmente a Armillaria
ostoyae e nalgúns casos a Armillaria mellea. En Galicia
atopamos que a maior parte das mostras sintomáticas de Pinus spp.
recibidas para diagnóstico estaban afectadas por A. ostoyae,
mentres que en menor número a enfermidade estaba causada por A.
mellea. Armillaria gallica, é outra especie que tamén foi
referenciada en coníferas pero está considerada como
patóxeno de debilidade. Levouse a cabo un experimento en cámara
de cultivo para estudar a patoxenicidade de A. mellea, A. ostoyae e
A. gallica en catro coníferas forestais presentes en Galicia: P.
pinaster, P. sylvestris, P. radiata e Pseudotsuga menziesii. Para
cada conífera, produciuse planta a partir de semente cun substrato
compsoto por unha mestura estéril de cortiza de piñeiro, turba e
perlita. Logo de seis meses as plantas, ben desenvolvidas e sas, foron
transplantadas a macetas de 500 mL co mesmo sustrato. Pasados tres meses
máis de cultivo, establecéronse tratamentos de inoculación
con cada especie de Armillaria por separado ou combinando dous ou tres,
que se compararon cun control non inoculado. Durante o ensaio fíxose un
seguimiento da aparición de síntomas e cuantificouse aos tres
meses e ao final do estudo, para cada planta, o peso da parte aérea e
raíz e a biomasa de rizomorfos no substrato, e establece un
índice da enfermidade. Recolléronse mostras de rizomorfos para a
identificación por técnicas moleculares da especie de
Armillaria. Para todas as coníferas os primeiros síntomas
de enfermidade (decaemento da parte aérea, clorose de agullas..)
observáronse nos tratamentos de inoculación con A. mellea.
Tanto A. ostoyae como A. mellea e A. gallica reduciron o
crecemento das especies de Pinus e de Pseudotsuga, pero só
as dúas primeiras causaron síntomas aéreos da enfermidade.
Algunhas combinacións de especies, por exemplo A. ostoyae con
A. gallica en Pinus radiata, tiveron un maior efecto sobre a
planta que a inoculación por separado.
|
|