|
|
|
II Jornadas
Ibéricas de Plantas Ornamentais Vila do Conde, Portugal,
2004 Sociedad Española de
Ciencias Hortícolas (SECH)
|
3976 |
|
Nematodos fitopatógenos asociados al género
Camellia en jardines públicos de la comunidad
gallega.
Adela Abelleira, Pedro Mansilla, Ana
Picoaga y Mª Carmen Salinero.
Estación
Fitopatolóxica do Areeiro, Excma. Diputación Provincial de
Pontevedra, Subida a la Robleda s/n, 36153 Pontevedra, España.
www.efa-dip.org
|
RESUMO: Actualmente, os
estudos sobre nematodos fitoparásitos asociados ao cultivo do
xénero Camellia son moi escasos. Como na comunidade galega esta
planta ornamental está moi estendida, realizamos durante o ano 2003,
unha mostraxe nematolóxica en diferentes parques e xardíns
públicos galegos que presentaban exemplares de Camellia, co fin
de coñecer os nematodos fitoparásitos asociados a este cultivo
ornamental. Se realizaron mostraxes en 72 xardíns nas catro provincias
galegas (31 en Pontevedra, 20 en Coruña, 12 en Lugo e 9 en Ourense), e
en cada punto de mostraxe tomáronse mostras de terra e de raíz de
catro plantas de camelia. Para realizar a extracción dos nematodos do
solo adaptouse o método de centrifugación con solución de
azucre e para as raíces utilizouse a técnica de tinción
con floxina para determinar a presenza de nematodos endoparásitos. Os
nematodos fitoparásitos atopados pertencen aos xéneros
Xiphinema, Trichodorus, Paratrichodorus, Hemicriconemoides, Macrophostonia,
Pratylenchus, Helicotylenchus, Rotylenchus e
Meloidogyne.
Palabras clave: : mostraxe
nematolóxica, ornamental, Xiphinema, Trichodorus .
|
|