|
|
|
International
Congress Rhizosphere, Munich 2004
|
3488 |
|
Pathogenicity and competence of armillaria species for infecting
pinus plants.
Aguín O¹, Sainz
MJ², Mansilla JP¹²
1 Estación
Fitopatolóxica do Areeiro, Excma. Diputación Provincial de
Pontevedra, Subida a la Robleda s/n, 36153 Pontevedra, España. 2
Departamento de Producción Vegetal, Universidad de Santiago de
Compostela, Campus Universitario, 27002 Lugo, España.
|
RESUMO: A podremia branca
radicular en Pinus sp está ocasionada principalmente por
Armillaria ostoyae, e nalgúns casos por A. mellea.
Aínda que se considera un parásito débil,
coñécese que Armillaria gallica tamén infecta a
Pinus sp. Para estudar a patoxenicidade de A. mellea, A. ostoyae
e A. gallica e a súa competencia na rizosfera na
infección de plantas de Pinus sp, levouse a cabo un experimento
nunha cámara de crecemento. Sementáronse sementes coa superficie
desinfectada en contedores de 150 mL que contiñan unha mestura
esterilizada de cortiza de piñeiro, perlita e turba. Pasados seis meses,
as plantas sas e ben desenvolvidas transplantáronse a contedores de 500
mL co mesmo substrato (unha planta por contedor), e deixáronse crecer
durante tres meses. A continuación leváronse a cabo tratamentos
de inoculación cun único fungo, con dous ou tres fungos, en
varias especies de piñeiros, deixando sempre un control.
Armillaria inoculábase en varas de abeleira de 2,5 x 1 cm,
completamente cubertas por micelio e rizomorfos, colocadas preto das
raíces de Pinus sp en cada un dos contedores. As varas non
inoculadas colocáronse en contedores control e o resto eran inoculadas
cun ou dous fungos. Leváronse a cabo 10 repeticións por
tratamento. Pasados catro meses, rexistrouse o peso das raíces, de
brotes e rizomorfos secos e vivos en 5 repeticións. Tomáronse
mostras de rizomorfos para identificar especies de Armillaria mediante
métodos de PCR-RFLP. A inoculación conxunta de A. ostoyae
e A. gallica reduciu de xeito significativo o peso seco dos brotes
destas dúas especies de Pinus; con todo cando estes dous fungos
se inoculaban por separado, non se observaba ningunha diferenza con respecto ao
control. En P. pinaster, o crecemento da raíz era reducido cando
se inoculaba A. mellea e/ou A. ostoyae. Observouse que a
cantidade de rizomorfos producidos por A. gallica aumentaba de xeito
significativo cando este fungo se inoculaba ao mesmo tempo con A.
ostoyae e/ou A. mellea.
|
|