Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Publicacións » Comunicacións » 2005

V Congreso de Ciencias Hortícolas, Porto 2005

Descargar en formato PDF 984


Comparación de dos cultivos indicadores de la disponibilidad de metales pesados


María J. Lema; Generosa González; Saleta G-Pimentel; Pablo Rodríguez

Estación Fitopatolóxica do Areeiro , Subida a la Robleda s/n, E-36153 Pontevedra, España. saleta@efa-dip.org.




RESUMO:      As entradas de metais pesados que proveñen de lodos de depuradora son controladas, normativamente, na fracción total dos solos agrícolas receptores pero, técnicamente, é aconsellable a súa determinación na fracción dispoñible e nos propios cultivos. No presente traballo efectuáronse sete tratamentos con lodo e galiñaza en dous solos ácidos, tanto en maceta como en campo, utilizando como controis a leituga e cebada, respectivamente, para observar o trasvase dos citados metais, é dicir, a biodispoñibilidade efectiva.
Para todos os tratamentos efectuados detectáronse diferencias significativas entre os dous solos no cobre, cromo e níquel, pero non no zinc total; diferenzas que para este último xa se detectan na fracción dispoñible e que se manifestan do mesmo xeito -e no mesmo sentido- na composición dos dous cultivos.
Mostráronse diferencias significativas entre a composición da leituga (máis extractiva) e a cebada, con particularmente baixos contidos de calcio e manganeso. Destaca a alta acumulación de cobre, zinc e fósforo e baixa de ferro e manganeso pola cebada no solo de niveis superiores. Na leituga o cobre e o ferro descende aos tres meses mentres ascende a concentración de zinc ata acadar niveis críticos. A análise da planta é tan bo indicador como o do solo, pero ademais informa dos efectos da potencial toxicidade en nutrientes como o fósforo, calcio, ferro ou manganeso, permitindo un mellor diagnóstico do problema.




Palabras-clave:solos ácidos, lodos depuradora, composición de cebada e leituga.