Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios
Suscríbase as novas da nosa páxina web Suscríbase as novas da nosa páxina web

Dic02

Viña
   

Nov13

Viña, Kiwi, Frutais de pepita, Frutais de oso, Cítricos, Boj e Hortícolas
   

Sep05

Viña, Maceira, Pereira, Figueira, Boj
   

Ago29

Viña, Maceira, Figueira, Tomate, Pataca y Berenxena
   

Ago26

Camelia
   

Ago25

Avispa Asiática
   

Ago22

Viña, Maceira, Plátano de sombra e Pino
   

Ago14

Viña, Maceira, Cerezo, Membrillero e Pino
   

Ago08

Viña, Maceira, Plátano de sombra e Pino
   

Ago01

Viña, Maceira e Pino
   

Jul24

Viña, Maceira, Frutais e Ornamentais
   

Jul18

Viña, Pataca e Tomate
   

Jul15

Viña, Pataca e Tomate
   

Jul10

Viña, Maceira, Citricos, Carballo
   

Jul04

Viña, Maceira, Citricos, Carballo
   

Jun27

Viña, Maceira, Membrilleiro, Pataca
   

Jun20

Viña, Maceira, Cítricos, Pataca, Camelia e Outras Ornamentais, Sauces, Chopos, Alisos, Pataca, Plátanos de sombra
   

Jun13

Viña, Maceira, Cítricos, Pataca, Camelia e Outras Ornamentais, Sauces, Chopos, Alisos, Pataca, Plátanos de sombra
   

Jun06

Viña, Maceira, Kiwi, Cerdeira, Cítricos, Pataca, Buxo, Camelia, Piñeiro
   

May30

Viña, Maceira, Kiwi, Pexegueiro, Cítricos, Pataca
   

May23

Viña, Maceira, Pereira, Kiwi, Pexegueiro e Nectarino, Pataca
   

May16

Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro,Kiwi, Pexegueiro e Nectarino, Frutais e Outros Cultivos, Camelia, Salgueiro
   

May09

Viña, Maceira, Kiwi, Pexegueiro e Nectarino, Pereira, Cerdeira, Frutais e Outros Cultivos, Pataca, Camelia, Pino
   

May02

Viña, Manzano, Kiwi, Patata, Evónimo
   

Abr25

Viña, Maceira, Kiwi, Marmeleiro, Mirabel, Camelia
   

Abr21

Viña
   

Abr14

Viña
   

Abr08

Viña, Maceira, Kiwi, Níspero, Cítricos, Varios cultivos, Tomate, Pataca, Camelia, Palmeria, Piñeiro
   

Mar14

Viña
   

Mar07

Viña, Maceira, Froiteiras de óso, Kiwi, Cítricos, Pataca, Buxo
   

Feb04

Viña, Froiteiros de pebida y kiwi, Cítricos, Pexegueiro, Piñeiro, Insecto en vivendas, Equipos de aplicación de tratamentos fitosanitarios
   

Ene22

Kiwi, Níspero, Cítricos, Buxo
   

AVISO FITOSANITARIO

04/02/2014

Somos conscientes de que as continuas borrascas que nos afectan dificultan ou impiden a realización dos labores que recomendamos nos avisos desta época. Emitímolos a modo de recordatorio á espera dunha climatoloxía máis favorable


VIÑA
Enfermidades da madeira:

A poda da viña, e de calquera especie leñosa, debe realizarse en tempo seco, especialmente naquelas plantas das que se sospeite que están afectadas por fungos da madeira. A maioría dos viticultores xa a efectuaron, pero aqueles que non o fixeron poden esperar a realizala máis adiante. Lembren sempre a importancia de desinfectar as ferramentas de poda (máis nestas condicións de humidade), aplicar mástic con funxicidas nos cortes maiores e eliminar os restos, xa que a súa incorporación pode favorecer a entrada de Armillaria ou das patoloxías asociadas á madeira, entre outros parasitos.

Complexo eutypa e complexo yesca - Penetración da enfermidade a través das feridas de poda Necrose inicial dos vasos nunha planta afectada por alteracións da madeira
FROITEIROS DE PEBIDA E KIWI
Precaucións na poda-patóxenos da madeira:

Tamén os froiteiros deberían podarse en tempo seco para dificultar a entrada de fungos patóxenos a través dos cortes. Aínda pode demorarse este labor á espera de mellor tempo, especialmente se as árbores presentan madeira seca por cancro, bacteriosis (no kiwi) ou outros patóxenos. As recomendacións achegadas para a viña son, en todo caso, de aplicación tamén ós froiteiros.

Ademais, é moi conveniente a aplicación de tratamentos cúpricos en canto se poida para reducir o nivel de inoculación de varios patóxenos de cara á próxima tempada e protexer as feridas de poda. Esta recomendación, válida para todas as especies, é particularmente importante no kiwi, debido á gravidade das bacterioses

Síntoma do cancro da maceira El exudado rojizo es un sintoma de PSA Necrosis del leño a consecuencia de PSA Síntoma de PSA en planta adulta
CÍTRICOS
Phytophthora spp:

A auga líquida (choiva, humidade foliar, etc.) é fundamental para o desenvolvemento destes fungos, polo que este inverno lles é especialmente favorable. Por iso, convén facilitar a drenaxe da auga en arredor do colo das árbores, recoller os froitos caídos no chan e os secos que permanecen na árbore, e aplicar tratamentos con fosetil-Al 80% (que é sistémico, polo que non se lava coas choivas) ou formulados de cobre sos ou combinados con outros funxicidas (consulte ós técnicos).

Diferentes niveles de daño de Phytophthora hibernalis en limones Síntomas de Phytophthora hibernalis
PEXEGUEIRO
Lepra:

Coa elevada humidade deste inverno haberá que esperar unha alta incidencia desta enfermidade na próxima campaña. Por iso, tan pronto sexa posible débese aplicar un tratamento cúprico. Ademais, este ano máis que nunca será fundamental renovar a intervención máis adiante, no momento en que empecen a verse os pétalos nas xemas florais (non máis tarde).

Deformación das follas por lepra
PIÑEIRO
Procesionaria:

Este ano non se observa unha elevada presenza de bolsóns nos piñeirais nin noutras coníferas sensibles como os cedros. Con todo, nalgúns casos si os hai. Lembren que estes bolsóns deben ser eliminados (CON TODAS AS PRECAUCIóNS POSIBLES DEBIDO A QUE As EIRUGAS QUE SE ATOPAN NO SEU INTERIOR POSúEN PELOS URTICANTES) ou ben tratados con insecticidas rexistrados (consulte ós técnicos).

Thaumetopoea pityocampa (Procesionaria) - Bolsón en distintos estados
INSECTO EN VIVENDAS
Leptoglossus occidentalis:

Continúan atopándose nalgunhas vivendas e noutros espazos pechados adultos desta especie, que en realidade se alimenta dos piñeiros (zume de brotes, piñóns e piñas en formación). Lémbrase que non son perigosos para as persoas e que se introducen nas casas simplemente para refuxiarse do frío.

Adulto de Leptoglossus occidentalis
EQUIPOS DE APLICACIÓN DE TRATAMENTOS FITOSANITARIOS
Mantemento:

Aproveitando a climatoloxía adversa para outras operacións é un bo momento para pór a punto a maquinaria de tratamentos fitosanitarios e así non ter problemas en plena campaña de aplicacións. Algunhas recomendacións básicas pódense ver no seguinte consello.