Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios
Suscríbase as novas da nosa páxina web Suscríbase as novas da nosa páxina web

Dic02

Viña
   

Nov13

Viña, Kiwi, Frutais de pepita, Frutais de oso, Cítricos, Boj e Hortícolas
   

Sep05

Viña, Maceira, Pereira, Figueira, Boj
   

Ago29

Viña, Maceira, Figueira, Tomate, Pataca y Berenxena
   

Ago26

Camelia
   

Ago25

Avispa Asiática
   

Ago22

Viña, Maceira, Plátano de sombra e Pino
   

Ago14

Viña, Maceira, Cerezo, Membrillero e Pino
   

Ago08

Viña, Maceira, Plátano de sombra e Pino
   

Ago01

Viña, Maceira e Pino
   

Jul24

Viña, Maceira, Frutais e Ornamentais
   

Jul18

Viña, Pataca e Tomate
   

Jul15

Viña, Pataca e Tomate
   

Jul10

Viña, Maceira, Citricos, Carballo
   

Jul04

Viña, Maceira, Citricos, Carballo
   

Jun27

Viña, Maceira, Membrilleiro, Pataca
   

Jun20

Viña, Maceira, Cítricos, Pataca, Camelia e Outras Ornamentais, Sauces, Chopos, Alisos, Pataca, Plátanos de sombra
   

Jun13

Viña, Maceira, Cítricos, Pataca, Camelia e Outras Ornamentais, Sauces, Chopos, Alisos, Pataca, Plátanos de sombra
   

Jun06

Viña, Maceira, Kiwi, Cerdeira, Cítricos, Pataca, Buxo, Camelia, Piñeiro
   

May30

Viña, Maceira, Kiwi, Pexegueiro, Cítricos, Pataca
   

May23

Viña, Maceira, Pereira, Kiwi, Pexegueiro e Nectarino, Pataca
   

May16

Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro,Kiwi, Pexegueiro e Nectarino, Frutais e Outros Cultivos, Camelia, Salgueiro
   

May09

Viña, Maceira, Kiwi, Pexegueiro e Nectarino, Pereira, Cerdeira, Frutais e Outros Cultivos, Pataca, Camelia, Pino
   

May02

Viña, Manzano, Kiwi, Patata, Evónimo
   

Abr25

Viña, Maceira, Kiwi, Marmeleiro, Mirabel, Camelia
   

Abr21

Viña
   

Abr14

Viña
   

Abr08

Viña, Maceira, Kiwi, Níspero, Cítricos, Varios cultivos, Tomate, Pataca, Camelia, Palmeria, Piñeiro
   

Mar14

Viña
   

Mar07

Viña, Maceira, Froiteiras de óso, Kiwi, Cítricos, Pataca, Buxo
   

Feb04

Viña, Froiteiros de pebida y kiwi, Cítricos, Pexegueiro, Piñeiro, Insecto en vivendas, Equipos de aplicación de tratamentos fitosanitarios
   

Ene22

Kiwi, Níspero, Cítricos, Buxo
   

AVISO FITOSANITARIO

07/03/2014

Co esperado cambio nas condicións climáticas a maioría dos cultivos iniciará a súa brotación nos próximos días, que será especialmente evidente de cumprírense as previsións meteorolóxicas que anuncian tempo seco e temperaturas arredor dos 20 ºC.

Nesta campaña que se inicia hai que ter en conta que, do mesmo xeito que o ano anterior, non se cumpriron, en xeral, os requirimentos de horas-frío dalgunhas especies froiteiras. Cando isto acontece lembren que pode haber brotacións irregulares, falta de callado dos froitos, menor produción, etc. Na seguinte táboa recollemos as horas-frío e os días de xeada rexistrados nalgunhas estacións meteorolóxicas de Pontevedra entre outubro e febreiro deste ano (e os mesmos valores para o inverno anterior no que, como se pode comprobar, houbo temperaturas máis baixas):

Localización INVERNO 2014 INVERNO 2013
Estación Concello Horas frío Días xeada Horas frío Días xeada
Areeiro Pontevedra 437.8 0 537.01 0
As Eiras O Rosal 561.1 2 721.8 2
Areas Tui 675.8 4 729.47 2
Barrantes Ribadumia 616.4 11 871.17 10
Cequeliños Arbo 875.2 9 945.45 3
Meder Salvaterra de Miño 723.4 7 782.81 3
Soutomaior Soutomaior 598.5 0 670.81 0
Tremoedo Vilanova de Arousa 431.4 1 604.54 0

Tamén recollemos, a modo de curiosidade, as precipitacións rexistradas nas mesmas estacións durante o período considerado (fonte destes datos: Meteogalicia):

PRECIPITACIÓN outubro 2013 - febreiro 2014
Estación Concello Chuvia (l/m2) Días de chuvia
Areeiro Pontevedra 1521.3 121
As Eiras O Rosal 1420.8 116
Areas Tui 1750.6 109
Barrantes Ribadumia 1210.9 116
Cequeliños Arbo 1299.8 111
Meder Salvaterra de Miño 1079.7 98
Soutomaior Soutomaior 1692.1 102
Tremoedo Vilanova de Arousa 1520.1 113

ó se iniciar o período vexetativo cómpre que se comece coa vixilancia dalgunhas enfermidades e pragas, mais tamén realizar unha serie de intervencións fitosanitarias preventivas.


VIÑA
Excoriose:

Nalgúns viñedos xa empezan a observarse as xemas inchadas pero aínda é pronto para aplicar tratamentos fitosanitarios. Con todo, co clima estable que se prevé, a brotación acelerarase. Lembren que entre os estados fenolóxicos D (follas incipientes) e E (follas estendidas) é conveniente aplicar un tratamento fronte á excoriose.

Estado fenoloxía D - Follas incipientes Estado fenoloxía E - Follas extendidas Sintomas en pampo, folla e pecíolo

MACEIRA
Apigarado ("moteado"):

Co inicio da brotación, e concretamente desde o inchado das xemas, as plantas poden ser receptivas a potenciais ataques deste patóxeno. é por iso que en variedades sensibles onde ademais houbese danos do patóxeno o ano anterior será conveniente aplicar un tratamento preventivo (cun funxicida de contacto), entre os estados de "xema inchada" e "aparición dos botóns florais", especialmente se nese momento existen condicións de altas temperaturas e humidade.

Manchas incipientes de moteado Abundantes manchas de moteado en folla de maceira Sintomas de moteado en manzanas

FROITEIROS DE ÓSO
Lepra:

Deformacion de las hojas por lepraA maioría dos froiteiros de óso xa iniciaron a súa brotación, pero aínda está moi incipiente. Por iso, e co fin de previr os danos causados por esta enfermidade, é conveniente aplicar un tratamento nestes momentos, xa que unha vez que os síntomas apareceron, é case imposible o control do fungo (consulte ós técnicos sobre o tipo de funxicida a utilizar segundo o estado da brotación).

KIWI
Bacteriose:

Debido ás condicións do inverno, que dificultaron a aplicación dos tratamentos invernais, é de esperar que, polo menos nas zonas onde aparecese na campaña anterior, volva haber problemas con estas enfermidades, especialmente coa coñecida como PSA ou cancro bacteriano do kiwi. Por iso será FUNDAMENTAL aplicar, na brotación, un tratamento con funxicidas cúpricos. Ademais, nunca esquezan ELIMINAR A MADEIRA DE PODA no caso de que non o fixesen. E realicen un bo CONTROL DOS FERTILIZANTES NITROXENADOS, debido á súa influencia sobre a enfermidade.

Esxudado no revés da folla de kiwi debido a Pseudomonas syringae El exudado rojizo es un sintoma de PSA Daños por bacteriosis en Actinidia chinensis

CÍTRICOS
Phytophthora hibernalis:

De todos son coñecidas as podremias brandas dos froitos de diferentes especies de cítricos debidas ó ataque deste fungo nos últimos anos. Coa melloría das condicións climáticas non deberían seguir aumentando os danos, pero aínda así lembren a conveniencia de retirar a froita caída ó chan e a afectada aínda na árbore. Ademais, é moi recomendable favorecer a aireación da copa (especialmente a nivel das ramas máis baixas) e a drenaxe na contorna das raíces. Tamén pode axudar ó control a aplicación de funxicidas como fosetil-Al 80% (sistémico, polo que non se lava coas choivas) ou formulados de cobre sós ou combinados con outros funxicidas (consulte ós técnicos).

Diferentes niveis de dano de Phytophthora hibernalis en limóns Síntomas de Phytophthora hibernalis

PATACA
Pulguiña da pataca (Epitrix similaris):

Algúns agricultores xa plantaron pataca temperá e outros están ó facer nestes días. Lembren que, en relación a este cultivo, deben estar moi pendentes da praga da pulguiña, ó ser de corentena e estar sometida a medidas encamiñadas á súa erradicación e control.

Segundo a Resolución de 15 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, pola que se declara no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia a presenza do organismo de corentena Epitrix spp. (pulga da pataca), e se establecen as zonas demarcadas e as medidas fitosanitarias para o seu control, é necesario:
  • – Vixilancia continua do cultivo para a detección precoz da presenza da praga.

  • – Desinfección da maquinaria despois de traballar nunha parcela posiblemente afectada.

  • – En caso de detección de síntomas da praga, aplicación de tratamentos fitosanitarios autorizados para o seu control.

  • – Retirada e destrución dos restos de cultivo despois da colleita.

  • – Eliminación dos rebrotes de pataca de anos anteriores.

  • – Control das malas herbas que poidan ser hóspedes da praga, tanto dentro da parcela de cultivo como nos bordos desta.

  • – Prohibición dos movementos de tubérculos de pataca fóra da zona demarcada.

  • – Os tubérculos destinados á comercialización deberán ir a un almacén rexistrado dentro da zona demarcada, no cal serán lavados ou cepillados e comercializaranse acompañados de pasaporte fitosanitario.

  • – Recoméndase que nos casos nos que se detecten síntomas da praga se realice rotación de cultivos, de forma que non se cultiven plantas sensibles nesa parcela durante dous ou tres anos.

Ademais, é conveniente plantar nos bordos da leira unha variedade temperá que sirva como trampa para os adultos que saen da hibernación e concentrar nesa zona os tratamentos insecticidas. Para máis información sobre esta praga consulten a nosa ficha técnica nº 54 Epitrix similaris Gentner. Pulguiña da pataca.

Planta de pataca con síntomas de Epitrix similaris Adultos de Epitrix similaris en folla de pataca

BUXO
Cylindrocladium buxicola:

Co clima máis benigno destes días haberá que vixiar atentamente o nacemento das novas follas de buxo para comprobar se mostran síntomas da enfermidade. En caso necesario, aplicarase un tratamento. Lembren que en España non hai funxicidas expresamente autorizados para o seu control, aínda que en ensaios que realizamos obtiveron bos resultados as materias activas epoxiconazol, difenoconazol ou kresoxim-metil e tamén, pero menos, clortalonil.

Síntomas de diferente intensidade de Cylindrocladium buxicola en Buxus sempervirens suffruticosa Secado de follas por Cylindrocladium buxicola Cylindrocladium buxicola - Buxo con follas secas. Síntoma anterior ao esfollado