|
Froiteiras de folla caduca, Viña, Cítricos, Buxo e Insecto en edificacións |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Tomate, Pataca, Piñeiro, Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Figueira, Cítricos, Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira, Figueira, Pataca, Castiñeiro, Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Castiñeiro, Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira |
|
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Cítricos e
Kiwi |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
06/06/2013
VIÑA Estado fenológico:
(H) -
I
(botones florales separados) - floración |
Mildiu: |
En xeral non vimos novos síntomas nas nosas parcelas de seguimento
nin tampouco noutros predios que visitamos. Con todo, nalgunhas onde se detectaron manchas novas a semana anterior
os tratamentos realizados non foron do todo eficaces, xa que continúa habendo esporulación viable. Tamén nas plantas
testemuña (sen tratamentos) da comarca do Salnés se observan novos síntomas. As previsións meteorolóxicas anuncian
inestabilidade climática para os próximos días, con alternancia de nubes e claros con períodos de chuvia e temperaturas
suaves en xeral. De cumprirse as previsións anunciadas haberá que EXTREMAR Ó MÁXIMO A VIXILANCIA, REVISAR MOI BEN
OS VIÑEDOS E, NO CASO DA DETECCIÓN DE SÍNTOMAS, RENOVAR OS TRATAMENTOS. Nos predios onde se confirme que a última intervención
realizada non fose efectiva a renovación do tratamento debe ser inmediata.
A pesar das precipitacións previstas, lembren que utilizando funxicidas sistémicos ou penetrantes
é suficiente con que transcorra 1 hora sen chuvias tras o tratamento para que os produtos penetren na planta
|
Oidio: |
Vimos novos síntomas en plantas de variedades tintas.
Sobre variedades brancas aínda non os observamos, polo menos nas nosas parcelas de seguimento. Aínda así, na visita
realizada onte (mércores) ás nosas parcelas do Salnés vimos a entrada de densas néboas desde o mar, condición que xera
un ambiente favorable ó patóxeno, do mesmo xeito que a nebulosidade que hai desde hoxe. Por iso, no caso de realizar un
tratamento antimildiu, recoméndase a adición dun antioídio, tendo en conta ademais que en floración as plantas deben estar
moi ben protexidas.
|
Black rot: |
Nesta semana, do mesmo xeito que na revisión anterior, non vimos
síntomas, nin sequera nas parcelas onde se detectaron inicialmente. Manter a vixilancia.
|
Couza do acio: |
Nesta semana vimos os primeiros glomérulos
en todas as comarcas, aínda que de forma moi puntual. Aínda así, as capturas de adultos de Lobesia botrana continúan
en niveis baixos. Non é necesario tratar.
|
Cicadélidos: |
Na revisión desta semana ás nosas parcelas de seguimento observamos un
lixeiro incremento nas capturas de Empoasca vitis nas trampas e tamén atopamos algunhas ninfas na mostraxe de
follas. A pesar diso, de momento non é necesario tratar.
|
Altica: |
Na nosa parcela de seguimento do Condado notamos un aumento da presenza de
adultos apareándose, de postas e de larvas deste crisomélido. Xa se aprecian incluso os característicos síntomas da súa
alimentación. De momento non está xustificada a aplicación dun tratamento, pero si é necesario incrementar a vixilancia.
|
Ácaros: |
Unha semana máis temos que falar da ausencia de poboacións
de Calepitrimerus vitis (acariose) ou de arañas vermellas nas nosas parcelas de seguimento e nas mostras
recibidas na Estación. Con todo, nas mostras de case todos os predios atopamos exemplares de ácaros útiles fitoseidos,
nalgúns casos en contía bastante elevada, o que permite manter baixo control os ácaros fitófagos.
|
Boa práctica
fitosanitaria: |
LEMBREN SEMPRE QUE É IMPRESCINDIBLE ADECUAR O VOLUME DE APLICACIÓN Ó DA MASA VEXETAL, co fin de
evitar as derivas e consecuentemente impedir que o fitosanitario alcance áreas diferentes das do tratamento. Tamén
deben UTILIZARSE SEMPRE OS EQUIPOS DE PROTECCIÓN ADECUADOS PARA A REALIZACIÓN DE TRATAMENTOS FITOSANITARIOS
|
MACEIRA |
Moteado: |
Observamos manchas incipientes nalgunhas variedades. Ademais, co incremento da humidade
que se rexistra debido ó cambio nas condicións ambientais, o risco de novas infeccións será máis elevado. É
necesario tratar para evitar a aparición de máis síntomas e protexer así os froitos.
|
Oídio: |
En predios onde se detectou oídio nos brotes observamos un
aumento dos síntomas. Se a situación é coincidente é necesario tratar.
|
Couza da maceira: |
A semana pasada anunciaramos que as capturas nas trampas da
nosa parcela se atopaban no límite do limiar de tolerancia. Pois ben, nesta semana superouse claramente ese nivel, polo
que é necesario tratar.
Lembren que é moi conveniente a instalación de trampas de feromona en cada plantación para coñecer
a evolución da praga e así intervir no momento oportuno para evitar danos, xa que as poboacións poden ser moi
diferentes mesmo en predios próximos
|
Pulgóns: |
Incrementáronse as colonias de pulgón cincento nas parcelas
onde se detectaron, polo que se debe aplicar un tratamento. Ademais atopamos colonias de pulgón laníxero
nalgunhas plantas. Lembren que este pulgón ten un inimigo natural na nosa zona, o Aphelinus mali, que xeralmente
é capaz de controlalo de maneira natural, polo que neste caso aconséllase esperar a que actúe antes de aplicar insecticidas.
|
CERDEIRA |
Mosca (Rhagoletis cerasi): |
Continuamos recollendo numerosos adultos deste insecto nas trampas
da comarca de Beade. Lembren que os insecticidas rexistrados para o seu control son lambda-cihalotrin 2.5% e proteínas
hidrolizadas 30 e 36%. En caso de aplicar un tratamento, lembren que é IMPRESCINDIBLE RESPECTAR ESTRITAMENTE O PRAZO DE SEGURIDADE.
|
|