Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios
Suscríbase a las novedades de nuestra Página web Suscribirse a las novedades por correo electrónico

AVISO EXTRAORDINARIO SOBRE O MILDEU

29/07/2013

Mildeu:

Nesta fin de semana en varias localizacións puideron rexistrarse choivas que lavasen os funxicidas de contacto e reducisen o período de protección dos penetrantes. Por iso, e tamén porque se cumpriron as condicións para a infección secundaria, aconséllase renovar os tratamentos fronte esta enfermidade porque se agarda a aparición de novos síntomas nos vindeiros días. Á vez que se fai esta intervención, é aconsellable tamén a aplicación dun funxicida fronte á BOTRITE (en especial en variedades sensibles) xa que tamén se deron condicións favorables a esta enfermidade.


Naquelas leiras que recibiran recentemente un tratamento, agás nas que fora aplicado só con produtos de contacto, aconséllase manter o máximo nivel de atención, como indicaramos no aviso semanal do pasado venres


Abundantes manchas novas na nova vexetaciónÁreas de avance de mildeu a partir dunha infección anterior