Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

28/05/2010

VIÑA Estado fenolóxico: Floración – Callado
Mildeu: Ver Fotos

Manchas de aceite con zona de avance Nesta semana, segundo as nosas observacións e as doutros técnicos, pode falarse, en xeral, de tres situacións diferenciadas no tocante á presenza de mildeu nas bisbarras vitícolas de Pontevedra: por una banda encontraríanse Salnés e Soutomaior, con presenza esporádica de enfermidade; por outra banda O Condado, con numerosas manchas que mostran zona de avance e danos xa visibles en acio, e por último O Rosal, cunha situación intermedia entre as anteriores. En calquera caso, as chuvias alternando con tempo soleado que tivemos estes días son, como indicaramos no aviso anterior, condicións altamente favorables á enfermidade. Recoméndase aplicar un tratamento naquelas viñas que non se encontren protexidas e naquelas outras que, aínda dentro do período de protección teórico da enfermidade, manifestan síntomas.

Botrite: Ver Fotos

Unión de grans con capuchóns florais adheridos por chuvias As precipitacións que se produciron coincidindo coa floración ou co final desta provocaron que algúns capuchóns florais que se deberían ter desprendido do acio aínda non o fixesen. A propia ferida causada pola separación dos capuchóns pode, en condicións húmidas, favorecer a instalación de botrite, pero se aínda tardan máis tempo en desprenderse, as probabilidades de infección increméntanse. Por iso, e aínda que a previsión meteorolóxica anuncia tempo estable (con algo de chuvias o sábado 29), recoméndase extremar a vixilancia debido á potencial aparición deste fungo en acios.

Trazas: Ver Fotos

Eupoecilia ambigüella Nesta semana recollemos o primeiro macho de Eupoecilia ambigüella da campaña, concretamente na parcela de seguimento de Soutomaior. No caso de Lobesia botrana, o máximo número de capturas nas nosas trampas foi de 31 machos en Amodia (ver curvas de voo). Polo momento non é necesario tratar debido a que aínda non apareceron máis síntomas da actividade de trazas.


Altica:Ver Fotos

Larva de Altica quercetorum sobre grans recén calladosAtopamos unha larva de Altica quercetorum sobre acio formado recentemente na nosa parcela de seguimento do Condado, e tamén vimos novas postas.





Ácaros:

Segundo observamos en numerosas mostras recibidas na Estación, moitos dos síntomas que se están a asignar á presenza de ácaros realmente non o son, senón que máis ben se trata de fisiopatías debidas aos cambios constantes na meteoroloxía, entre outras causas. De feito, en ningunha daquelas mostras se atoparon individuos. Insistimos unha vez máis en que non é conveniente aplicar tratamentos acaricidas a menos que se confirme a presenza de ácaros, pois poden prexudicar seriamente aos ácaros útiles fitoseidos, os cales poden regular de forma natural as poboacións nocivas.

MACEIRA
Moteado: Ver Fotos

Manchas incipientes de moteado Despois das chuvias que se produciron apareceron novos síntomas da enfermidade, aínda que só esporadicamente. En calquera caso, cómpre tratar, xa que se trata dunha enfermidade de difícil curación que pode afectar á cantidade e calidade da colleita.




Pulgóns:

Colonia de pulgón laníxero fortemente parasitadaAs colonias de pulgón cinsento que observaramos a semana anterior mantéñense en niveis estables, e polo tanto non é necesario tratar (si manter a vixilancia). No tocante ao pulgón laníxero notouse un sensible incremento nalgunhas zonas. É conveniente comprobar a potencial presenza de parasitoides nas colonias, en cuxo caso non é recomendable tratar á espera de que se manifesten os signos da súa actividade.


Cydia pomonella: Ver Fotos

Capturas de machos de Cydia pomonella nunha semanaNesta semana alcanzouse o limiar de tolerancia por número de capturas de machos nas trampas de feromonas (ver curvas de voo). Cómpre tratar para previr danos.





KIWI
Pseudomonas spp: Ver Fotos

Pseudomona syringae -Ataque de Pseudomona syringae en kiwiEstase a producir a floración na práctica totalidade das plantacións. Dado que este ano a incidencia de Pseudomonas syringae e P. viridiflava é bastante elevada, especialmente en terreos onde xa se detectara a súa presenza, recoméndase aplicar un tratamento cúprico, asegurándose de mollar ben os botóns florais e as follas (en ensaios tamén se obtén boa eficacia co peróxido de hidróxeno, pero esta substancia non está rexistrada polo Ministerio para este uso).