Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

Sep13

Viña
   

Sep06

Viña e Maceira
   

Ago30

Viña e Maceira
   

Ago23

Viña, Maceira, Tomateira, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago16

Viña, Maceira, Marmeleiro, Varias froiteiras, Piñeiro, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago09

Viña, Maceira, Cítricos, Froiteiras de oso, Varias froiteiras e Castiñeiro
   

Ago02

Viña, Maceira, Castiñeiro e Piñeiro
   

Xul26

Viña, Maceira, Marmeleiro, Plantas ornamentais e Piñeiro
   

Xul19

Viña, Maceira, Plantas ornamentais e Plátano de sombra
   

Xul12

Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro, Froiteiras de óso, Pataca e Plátano de sombra
   

Xul05

Viña, Maceira, Pereira, Froiteiras de óso, Diversas hortícolas, Pataca e Buxo 
   

Xuñ28

Viña e Maceira
   

Xuñ21

Viña, Maceira, Cerdeira, Tomateira, Pataca e Evónimo
   

Xuñ14

Viña, Maceira Nogueira, Piñeiro e Salgueiro
   

Xuñ07

Viña, Maceira e Buxo
   

Xuñ01

Viña
   

Mai31

Viña, Maceira e Varios cultivos
   

Mai24

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro e Camelia
   

Mai18

Viña, Maceira, Marmeleiro e Kiwi
   

Mai15

Piñeiro
   

Mai10

Viña, Maceira, Kiwi, Camelia e Cultivos hortícolas
   

Mai09

Viña
   

Mai04

Viña
   

Mai03

Viña, Maceira e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr27

Viña, Maceira, Pereira, Ameixeira, Pataca e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr16

Varios Cultivos
   

Abr13

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro, Pexegueiro e Piñeiro
   

Mar30

Viña, Maceira, Kiwi e Camelia
   

Mar22

Viña
   

Mar20

Viña
   

Mar12

Melocotoeiro, Ameixeira, Kiwi, Camelia e Eucalipto
   

Feb02

Eucalipto
   

Feb02

Piñeiro
   

Ene23

Buxo, Cítricos, Froiteiras e Viña
   

AVISO FITOSANITARIO

14/06/2012

VIÑA Estado fenolóxico: I (floración) - J (callado)
Mildeu:

Nestes días rexistráronse novamente condicións de infección e esporulado. Non obstante, esta reiteración de condicións favorables ata o de agora non se reflectiu de forma moi evidente no campo, malia aos estados tan sensibles (fin de floración e/ou callado) nos que se atopa a vide. Nas plantas que se someten a tratamentos é normal esta situación xa que polo xeral calquera intervención está a controlar ben a enfermidade este ano, no que polo momento o mildeu non está a demostrar unha agresividade elevada. Non é tan normal, non obstante, nas plantas que non reciben tratamentos, nas que tampouco nesta semana vimos apenas síntomas, e os existentes son case na súa totalidade antigos. Polo tanto, reafirmamos a recomendación da semana anterior: manter un alto nivel de vixilancia e tratar unicamente se se observan novos síntomas ou se as manchas antigas presentan zonas de avance.

As previsións meteorolóxicas anuncian que, a priori, transcorrido este fin de semana se recuperará o clima estable e chegarán ventos do norte, o que secará o exceso de humidade destes días. Se realmente se cumpre o anunciado, superarase sen excesivos problemas a que quizais é a etapa máis sensible da vide a esta enfermidade, aínda que poden producirse danos ata o envero.


Oidio:

Micelio de oídio en follaNesta semana observamos os primeiros síntomas en plantas que reciben tratamentos, aínda que moi esporadicamente e unicamente en folla, non en acio. Na variedade tinta onde xa os detectaramos anteriormente, continúan o seu avance, aínda que tamén lentamente, coma nas plantas testemuña. Polo tanto, se se aplica algún outro tratamento neste momento, pódese engadir un funxicida antioídio; nos demais casos, cómpre manter a vixilancia, pero non se considera necesario tratar.

Botrite:

Malia as condicións climáticas destes días, non vimos síntomas de botrite sobre os capuchóns florais, que polo xeral se están a desprender sen problema. Polo tanto, en xeral non é necesario aplicar o tratamento post-floral, especialmente se, como anuncian as previsións, entra novamente o anticiclón e os ventos do norte. Só naquelas variedades especialmente sensibles ao fungo deberase aplicar o citado tratamento.

Black rot:

Non observamos incremento algún na presenza deste patóxeno nas parcelas de seguimento da nosa rede, nin sequera nas plantas control. Aínda así, débese manter a vixilancia, xa que nos atopamos nun momento de elevada sensibilidade dos acios. Non obstante, e como xa referimos repetidamente, se as condicións climáticas melloran, o risco de sufrir danos por esta enfermidade reducirase sensiblemente. Para máis información sobre este patóxeno, consulte a nosa ficha técnica Nº52: Guignardia_bidwelii (Ellis) Viala & Ravaz. Black Rot (podremia da vide)

Neste momento, os síntomas sobre o acio son murchado dos grans, que secan rapidamente (en 3-4 días) adquirindo a pel unha coloración violácea e cubríndose de picnidios. Pero atención: nun mesmo acio poden coexistir grans con distinto grao de ataque, de xeito que haberá uvas totalmente momificadas e outras só parcialmente afectadas.


Follas con manchas da enfermidadeManchas necróticas cun halo escuro características de black rotBlack rot - Detalle da mancha mostrando picnidios
Couzas:

Glomérulo- actividade larval de primeira xeración de couzasTanto as capturas de machos de Lobesia botrana nas trampas coma a presenza de glomérulos é reducida. De feito, nesta semana en varias parcelas non recollemos ningún individuo na trampa e tampouco vimos novos síntomas da actividade das eirugas.

Altica quercetorum:

Folla de albariño con larvas de último estadio e danos de AlticaIncrementouse lixeiramente a presenza de síntomas debidos á actividade das larvas desta praga, aínda que en nivel insuficiente como para xustificar unha intervención.

Cicadélidos:

Cicadélidos - Larva de CicadélidoO número de adultos recollidos nas trampas segue a ser reducido, aínda que se observaron máis larvas nos controis no revés das follas. En calquera caso, o seu número é moi baixo e non é necesario tratar.

Ácaros:

Unha semana máis, nin nas nosas parcelas de seguimento nin nas mostras recibidas na Estación, vimos síntomas de ácaros. Non é necesario tratar.

Outros: enfermidades da madeira:

Síntomas da enfermidade da madeira en planta en floraciónNalgúns predios empézase a observar a presenza dun escaso desenvolvemento da vexetación, e mesmo secado de parte dela, nalgúns brazos. Esta sintomatoloxía apunta a que se trata dunha enfermidade da madeira; no caso de que o síntoma estea restrinxido, pode procederse logo da floración (e con tempo seco) a unha poda do brazo afectado, desinfectando moi ben a tesoira e aplicando un funxicida sobre o corte. Se non é así, aconséllase que xa se proceda ao marcado das plantas pensando en mantelas ben identificadas de cara ao seu tratamento diferenciado xa no momento da poda.

MACEIRA
Moteado:

Síntomas en folla do moteado da maceiraSe non se aplicou o tratamento recomendado na semana anterior, será conveniente realizalo, posto que nas variedades sensibles estanse a observar novos síntomas e as condicións ambientais destes días foron favorables ao fungo.

Oidio:

Non vimos novos síntomas nesta semana, polo menos nas nosas parcelas de seguimento.

Cydia pomonella:

Nesta semana as capturas nas trampas das nosas parcelas de seguimento non alcanzaron o limiar de tolerancia, e de feito nunha delas non se recolleu ningún macho. De todos os xeitos, lembren que as poboacións poden ser diferentes segundo as parcelas, co que se aconsella que as plantas estean protexidas se non se efectúan seguimentos específicos.

NOGUEIRA
Antracnose:

Nesta época, debido á climatoloxía que tivemos (chuvias e temperaturas suaves en xeral) estanse a observar síntomas desta enfermidade en moitas árbores. Naqueles casos nos que a presenza de síntomas do fungo sexa elevada, e sobre todo se son árbores novas que poden ver o seu desenvolvemento comprometido por perder parte da folla, aconséllase aplicar un tratamento.

Os funxicidas que recolle o Rexistro do Ministerio para este uso son mancozeb e ziram como produtos de contacto, e miclobutanil como sistémico.


Síntomas de antracnose da nogueiraDetalle dos síntomas
PIÑEIRO
Procesionaria:

Thaumetopoea pytiocampa (Procesionaria) - Trampa GComo é sabido, este inverno pasado víronse en piñeiros (e tamén en cedros de parques e xardíns) abundantes bolsóns de procesionaria. En poucas semanas agárdase que se inicie o voo dos primeiros adultos, polo que é recomendable a instalación de trampas de feromona para o seu seguimento.

SALGUEIROS
Crisomélidos:

Este ano, e dende fai xa unhas semanas, estanse a observar en moitas zonas síntomas do ataque destes insectos en salgueiros das ribeiras dos ríos, aliñacións, etc. Os síntomas consisten en erosións e pequenos orificios debidos á actividade alimenticia de adultos e larvas. Neste último caso, e debido a que estas respectan a epiderme superior das follas e os nervios, o síntoma aparece como unha armazón ou rede. Nalgúns casos, e segundo nos informaron, as poboacións están a ser tan elevadas como para dar un aspecto seco ás árbores. O Rexistro de Produtos Fitosanitarios do Ministerio unicamente recomenda o "aceite de parafina 100% [UL] P/P" (líquido para aplicación por ULV) como insecticida de uso en especies frondosas, polo que calquera potencial intervención deberase realizar con este produto.

Tamén chopos e ameneiros adoitan sufrir ataques de crisomélidos na nosa zona, co que a recomendación do insecticida é a mesma, ao tratarse tamén de especies frondosas.


Síntoma do ataque de crisomélidos en salgueiroLarvas de crisomélido en folla de chopoAdulto e dano de Agelastica alni en folla de ameneiro