O día 5 de maio a
EFA recibiu a
visita dos inspectores da Comisión Europea pertencentes ó
FVO
(Food and Veterinary Office), responsables de realizar, do 3 ó 6 de maio
de 2011, a avaliación no noso país das actuacións levadas
a cabo en Galicia contra o nematodo da madeira do piñeiro
(Bursaphelenchus xylophilus). O noso centro é o laboratorio responsable
en Galicia de realizar as análises para a detección deste
nematodo. Tamén asistiron á
reunión representantes dos
Servicios Fitosanitarios
da Xunta de Galicia e do MARM.